Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email
Facemos cine
En A Rúa traballamos realizando documentais e ficción
cinema en curso
Entre Redes
Documental que busca recoñecer o traballo da rede na vila de Cangas e a súa importancia para o sector da pesca.
Curtametraxe/documental elaborada polo alumnado de 6º durante o curso 2016/2017
Móvete por Cangas
Unha guía turística da nosa vila feita por nen@s e para nen@s.
A horta
Este ano en A Rúa queremos mellorar a nosa horta e o noso patio
Xornal Faladeiros
As novas do cole contadas pol@s nen@s
Xornal dixital

luns, 20 de abril de 2020

CARTA DE RONI SEMANA DO LIBRO


Ola familias, son Roni. 

Como sempre e antes de nada espero que esteades todos/as ben. Eu estou ben e sigo coidando do cole, non vos preocupedes!!!
Quería celebrar con vós a Semana do Libro, nesta ocasión máis que nunca, xa que non podemos estar xuntos e os libros e a lectura sempre nos unen.
A miña proposta é que durante esta semana atopedes un intre para xuntarvos todos arredor dun conto e viaxedes xuntos/as.



A lectura pode ser realizada polo adulto ou ser o neno/a quen lea para a súa familia.
Tamén vos anímo a enviarme, ao correo da Biblioteca, que achego ao final desta carta, fotos ou videos do momento da lectura compartida en familia. E así crear unha liña de palabras que fagan a distancia máis curta.
O correo da Biblioteca é: biblioteca.arua@gmail.com
Nota: No correo que mandedes a Roni contarlle si queredes que as vosas fotos ou videos sexan publicados no Blog do cole.

xoves, 16 de abril de 2020

PROPUESTA MUSICAL PARA 2º DE PRIMARIA

 PROPOSTA SEMANAL DE MÚSICA


 Esta é a proposta músical para 2º de Primaria: “ECOS RÍTMICOS”






Para esta práctica necesitamos as nosas mans como instrumento, aínda que tamén, nun segundo momento,  podedes probar collendo un recipiente de plástico e algo co que percutir (culleres, rotuladores,…).
A práctica consiste en tocar en eco, é decir, repetir os ritmos que a rapaza vos propón o longo do video.
Para poñernos en marcha só tedes que premer na seguinte ligazón:



mércores, 15 de abril de 2020

PROPOSTA MUSICAL 3º E 4º PRIMARIA

PROPOSTA MUSICAL PARA 3º E 4º DE PRIMARIA.  










 XOGO RÍTMICO MUSICAL “KOKOLEOKO”


Este é o reto musical para os nen@s de 3ºe 4º de Primaria.
Consiste en acompañar ritmicamente con mans e xeonllos a música que soa ao premer na ligazón que se indica ao final da proposta.
Necesitades estar sentados no chan diante de alguén para que o faga con vós. Ir pouco a pouco por tramos e repetindo as veces que sexa necesario ata conseguir facelo enteiro.





mércores, 1 de abril de 2020

INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN


INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN

Seguindo instruccións da Consellería de Educación, tivemos que avaliar ao alumnado neste segundo trimestre, que comprende dende o 8 de xaneiro ata o 12 de marzo, no que se determinou a suspensión das clases.
Podedes consultar os boletíns de cualificacións en AbalarMóbil, a partir de mañá xoves, 2 de abril, ás 14:00 horas.
 Saúdos e moito ánimo! Xa queda menos!

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR



AXUDAS COMEDOR ESCOLAR



A Xunta vén de convocar axudas de comedor escolar para familias con poucos recursos económicos mentres dure o tempo de suspensión de clases.
No noso caso, ao non depender o comedor directamente da Xunta, será o Concello de Cangas o que se poña en contacto coas familias que xa reciben beca de comedor para xestionar esa axuda.

luns, 30 de marzo de 2020

RETO MUSICAL ECO ECO













2º RETO RÍTMICO MUSICAL PARA TODA A FAMILIA


ECO-ECO

Ola a todos/as!!!

Esta semana, dende a aula de Música, propóñovos outro reto para toda a familia.
Este ritmo corporal utiliza as mans para percutir .Necesitamos unha mesa e catro folios ou cartolinas de cores diferentes. Se non as temos na casa podemos pintar 4 folios, utilizando as mesmas cores do vídeo  ou reciclar follas de periódico e pintalas.
A miña proposta é:
Intentar repetir en ECO os ritmos que nos van propoñendo as mans que vemos no vídeo.

Premede no enlace e ANIMÁDEVOS!!!