Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

martes, 17 de setembro de 2013

A comer!!!

Onte por fin comezou a funcionar o comedor do colexio. Foron uns 30 os rapaces e rapazas que degustaron o primeiro menú. Bo proveito!





martes, 10 de setembro de 2013

Un curso de película

CÁMARA ... LUCES ... ACCIÓN!

Mañá, 11 de setembro, damos comezo a este curso 2013-2014. As clases serán como sempre de 9:30 á 14:30. O servizo de comedor empezará a funcionar o luns 16 de setembro.

Alguén adiviña cal vai ser o tema núcleo deste curso?

martes, 3 de setembro de 2013

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

     Informámoslles que se publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Estas axudas van dirixidas ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, e tamén ao alumnado con altas capacidades.

O texto da convocatoria pode lerse no seguinte enlace:



               Na páxina www.educacion.es  ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

               No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán recoller no centro educativo o impreso para cubrilo manualmente.

              O prazo para entregar a documentación remata o luns, día 30 de setembro.