Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 30 de xaneiro de 2009

A PAZ



PARA NÓS A PAZ É:

COMPARTIR A NATUREZA, A FANTASÍA, O AMOR...

AXUDAR AS PERSOAS QUE O NECESITEN

COIDAR E QUERER AOS DEMAIS, AO PLANETA...

COLABORAR EN EQUIPO

CONVIVIR CON TODOS

DIALOGAR PARA CHEGAR A ACORDOS

ENSINAR, XOGAR, REGALAR...



Hanane, Néstor, Cristina O., Nico, Laura, Rubén, Yanira, Álvaro, Anira, Sergio, Soukaina, Mario, Candela, Celeste, Antón, Andrea, Santi, Cristina G., Ían, Inés, Pedro



Recollido do blog As formigas, de 1º curso

martes, 27 de xaneiro de 2009

AS NOSAS ARTISTADAS

OS NENOS DE TRES ANOS PINTAMOS COAS CORES. O RESULTADO COMO PODEDES COMPROBAR, SON UNHAS ARTISTADAS AUTÉNTICAS. ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CON ELAS.

(PINCHA NO DEBUXO DE ABAIXO SE QUERES VER TODOS OS DA CLASE)




Os mestres do cole de A Rúa aprenden sobre TICS

Estamos todos participando nun proxecto de formación en centros sobre o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación no ensino. Este blog é un produto dese traballo.



xoves, 22 de xaneiro de 2009

Aquí tendes os sacapenas e a carta para os nenos e nenas de Gaza

Sacapenas para que os/as pícaros/as de Gaza volvan sorrir :-)


Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.



Ola, nenos e nenas palestinos:

Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).


Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.

Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.


Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.

Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi


A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.



Visualizar o mapa ampliado

martes, 20 de xaneiro de 2009

Dedicado aos nenos e nenas de 5º


Este é o cómic que elaboraron os nenos e nenas que están actualmente en 5º de Primaria cando cursaban 2º de Primaria.
Para eles/elas con moito agarimo.




Para velo máis grande pinchar en "Open publication"


Para ver a presentación de abaixo máis grande pinchar na icona da pantalla con patas, situada na esquina inferior dereita.

Quixote
View more presentations or upload your own.

Sarabiada en Cangas

Hoxe ó entrar no cole caeu unha sarabiada que deixou branco todo o parque infantil.
Había que ter moito coidado de non esvarar. Facía moito frío.
Foi todo un acontecemento.
Regalámosvos unhas imaxes para o recordo.




E unha adiviña para pensar:



La branquiña
la de aniña,
la de ovella
que non pace,
mais onde ela xace,
mais onde ela pousa
-prado, agro ou chousa-
non amosa herbiña.

UXÍO NOVONEIRA

sábado, 17 de xaneiro de 2009

Sacapenas para os nenos e nenas de Gaza


Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.

O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.

Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.

Estes días falamos de moitas cousas:

-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.

- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.

-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.

Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.

Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.


Facendo sacapenas con pasta de madeira.



A profe Rosana tróuxonos uns sacapenas de verdade para que puideramos ollalos.


xoves, 15 de xaneiro de 2009

Agustín Fernández Paz envía unha carta ós alumnos/as de 3º de Primaria

A carta di así...

Queridas nenas, queridos nenos:
Recibín, no comezo das vacacións de Nadal, un sobre moi groso que traía dentro as vosas cartas. Moitas grazas polas vosas felicitacións! E moitas grazas tamén por ler os libros meus, que xa vexo que todos e todas lestes algún, desde Lara ata Tomás, pasando por todos os outros.
Tamén me facedes moitas preguntas, que non quero contestar por carta. A ver se vou un día por aí e falamos con máis calma.
Unha aperta grande para toda a clase. E un bico para a vosa mestra.

Agustín Fernández Paz


Parabéns a Agustín Fernández Paz polo seu premio

Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria enviaron cartas de felicitación a Agustín Fernández Paz que foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "O único que queda é o amor"


Se queres ver esta presentación máis grande, preme no símbolo da pantalla
(esquina de abaixo á dereita, parece un encerado con patas)


Cartas de felicitación a Agustín Fdez Paz
View SlideShare presentation or Upload your own.






Para máis información, consulta o blog da aula de 3º

luns, 12 de xaneiro de 2009

SERGIO CÓNTANOS...



GRANDE COMO UN ELEFANTE OU AÍNDA MÁIS, O TIRANOSAURUS REX É UN DOS MAIORES CAZADORES TERRESTRES QUE EXISTIRON.



Publicado no blog Formigas, de 1º curso.

Programa de inmersión lingüística verán 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán do 2009. Un total de 100 desas prazas van dirixidas ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria. A lingua de inmersión é a inglesa e o alumnado terá aloxamento durante dúas semanas en campamentos ou residencias de Galicia.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 9 DE FEBREIRO!!

Máis información en http://www.edu.xunta.es/axudasle