Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 18 de decembro de 2015

Visitas dos Reis Magos e o Apalpador

O xoves 17 e o venres 18 tivemos dúas visitas moi especiais: os Reis Magos e o Apalpador.

O Apalpador metía medo coa súa longa barba roxa e a súa misteriosa voz ronca, pero trouxo un saco cheo de froitos secos: noces, castañas...  e repartiunos con todos os nenos e nenas despois de apalparlle a barriguiña para ver se tiñan fame.

Os Reis Magos eran tres: Gaspar, Melchor e Baltasar. Trouxeron bolsas cheas de caramelos que repartiron con todos os nenos/as do cole.




Os bombeiros visítannos no Nadal

  O xoves día 17 visitáronnos os bombeiros de O Morrazo, para amosarnos as súas ferramentas: trouxeron un coche todoterreno con auga e mangueiras, e tamén nos ensinaron o seu traxe: botas con pantalón incorporado, chaqueta resistente a golpes e ao lume, e o casco, que tiña unha lanterna,  un sistema para comunicarte cos compañeiros/as e dúas viseiras, unha das cales era feita cunha lámina de ouro para protexer da radiación. Só o casco vale uns 400 euros, e o traxe completo pasa dos 1000 euros.



  Tamén nos ensinaron as pinzas hidraúlicas e fixéronnos unha demostración botando auga cunha mangueira, con dous tipos de chorros: un que lanzaba  un chorro moi lonxe, e outro que esparcía a auga e facía unha pantalla diante do bombeiro para que o lume non o lastimase.




xoves, 17 de decembro de 2015

Felicitación do Nadal 2015 CEIP A Rúa

Bo Nadal e feliz 2016 para toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa!


.

mércores, 16 de decembro de 2015

Premios ao proxecto "Viaxe no tempo"

O CEIP A Rúa vén de gañar dous novos premios á innovación educativa. Os dous teñen como soporte o  proxecto realizado no 2014-2015 "Viaxe no tempo"
 

  . PREMIO DE ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD, Orden ECD/2657/2015 de 1 de decembro). Recibimos este premio nacional por segundo ano consecutivo.

"El jurado ha querido destacar este trabajo su forma de promover la alfabetización y desarrollar el pensamiento crítico. Igualmente se resalta el hecho de que a través de él se genera una profunda vinculación con su tradición cultural. Por último se ha valorado que se trata de un proyecto muy sólido en su configuración."
 

.PREMIO IMPULS, convocado pola Fundació Impuls de Barcelona.

Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf


Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf

Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf

A dotación económica permítenos continuar costeando os proxectos audiovisuais que levaremos a cabo neste curso. Neste proxecto galardoado destaca a nosa participación en Cine en curso como eixo vertebrador de todas as propostas relacionadas coa Pedagoxía do cine.

domingo, 29 de novembro de 2015

Estreamos xornal dixital

Preme na imaxe e visita Faladeiros
Xa podes visitar a web do noso Xornal Faladeiros en versión dixital.



  Co galo do 25 aniversario do cole decidimos dixitalizar o Faladerios, que a partir de agora, ademais de editarse en papel, tamén terá un soporte dixital.

  Deste xeito poderás enterarte de todas as novas que nos importan dun xeito moito mais rápido e sinxelo.
Faladeiros estará dividido en varias seccións; Novas do cole, Novas de fóra, Novas inventadas, Curiosidades, Celebracións,  o Recuncho de Roni con recomendacións de libros e autores e mesmo unha sección de Pasatempos con sopas de letras, xogos, encrucillados, labirintos e outras actividades.

  Os contidos do Xornal están completamente elaborados polos alumnos do cole. Os encargados de dixitalizar os documento son 5º e 6º,   pero o material para as reportaxes ten que chegar de todos os nenos e nenas de A Rúa. Animádevos a escribir ou propoñer resportaxes, recomendacións, pasatempos, etc.
Estamos agardando por vós!

martes, 24 de novembro de 2015

UN MAGOSTO CON SABOR MOI DOCE


ESTE ANO TEMOS ORGANIZADO UN MAGOSTO UN TANTO ESPECIAL XA QUE TEMOS COMO CONVIDADOS ÓS NOSOS COMPAÑEIROS DO PROXECTO PIENSA, CREA ACCIÓN!!!
POLO TANTO, HOXE POLA MAÑÁ COMEZABAN OS PREPARATIVOS....

REPORTEIROS FOTOGRÁFICOS PREPARADOS PARA INMORTALIZAR OS MELLORES DOS MOMENTOS.....COMEZANDO POR FACER A FOGUEIRA.

DE SEGUIDO, SE PREPARAN AS CASTAÑAS PARA POÑER A ASAR...

MENTRAS, OS NENOS XOGAMOS NO PATIO...


E COMO........ POLO SAN MARTIÑO TROMPOS Ó CAMIÑO, OS NENOS EXPERIMENTAN CON MOITA MAESTRÍA.

MOMENTO NO QUE OS COMPAÑEIROS DE TOLEDO E GIRONA CHEGAN Ó NOSO COLE.....



 ACHÉGANSE A FOGUEIRA PARA NON PERDER DETALLE...
MENTRES ESTÁN PENDENTES DE COMO SE ASAN AS CASTAÑAS, OS ALUMNOS DO NOSO COLE  ULTIMAN DETALLES PARA UNHA GRAN SORPRESA....
INTENTAMOS ACERCARNOS  ÓS CAMERINOS PARA VER O VESTUARIO...
ENSAIOS.....
COMO CADA ANO, OS NENOS PREPARAN OS SEUS PARTICULARES RECIPIENTES PARA COLLER AS CASTAÑAS ASADAS....ALGÚNS RECURREN O CLÁSICO CUCURUCHO.



UN SIMPÁTICO BOLSIÑO FEITO CON CARTOLINA QUE OS NENOS NESTE CASO EMPREGAN COMO MÁSCARA...


ESTES NENOS ELABORARON UNS CESTIÑOS CON TRAPIÑO...UNHAS AUTÉNTICAS ARTISTADAS!!!.

AQUÍ OS NENOS DE 5 ANOS FAN ENTREGA ÓS NENOS DE TOLEDO E GIRONA, DUNS BOLSIÑOS QUE LLOS FIXO A PROFE LOLI  CON TELAS PARA ELES.


E ASÍ DE CONTENTOS OS LUCIRON...
OS NENOS DE PRIMEIRO CICLO, QUIXERON AMOSAR A SÚA ARTE NO BAILE GALEGO...
E O SON DAS GAITAS BAILARON ASÍ DE BEN!....



TAMÉN NOS SORPRENDERON A RITMO DE RAP....



UNHA GRAN SORPRESA PARA TODOS, ESTIVERON XENIAL E APLAUDIMOS A RABIAR!!!.

BOENO PARECE QUE AS CASTAÑAS ESTÁN LISTAS E NÓS CON MOITAS GANAS DE ....

MOMENTO ESPERADO, TOCA EMBORRALLARSE!!!






UN MOMENTO MOI DIVERTIDO NO QUE OS NENOS E MESTRES DE TOLEDO E GIRONA  SE SUMARON CON MOITAS GANAS DE PASALO BEN.










NESTA OCASIÓN NO FALTARON DJ´S DE LUXO QUE AMENIZARON A XORNADA CON TEMAS MOI VARIADOS...


ESTA FESTA CHEGA O SEU FIN, FOI UN AUTÉNTICO PRACER COMPAÑEIROS!!!


GRACIÑAS POR COMPARTIR TANTO!!!

mércores, 11 de novembro de 2015

Proxecto "Piensa, Crea... Acción!" Proxección no Auditorio Municipal de Cangas

O xoves 12 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas proxectaremos unha selección de pezas audiovisuais creadas polo alumnado dos centros participantes no Proxecto Piensa, Crea... Acción! 

Esta proxección forma parte das actividades programadas na convivencia en Cangas con representantes do profesorado e do alumnado dos centros CEIP Santa Marina de Magán (Toledo) e a Escola de Bordils (Girona), que estarán con nós dende o mércores 11 ata o venres 

O Faro de Vigo recolle así a noticia: A Rúa conecta con Toledo e Bordils

Animamos a toda a comunidade educativa do CEIP A Rúa a participar neste acto.


mércores, 21 de outubro de 2015

Profesorado do CEIP de Magán e da Escola de Bordils visitan o CEIP A Rúa

Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro, dous profesores/as do CEIP de Magán (Pilar e Paco) e outros dous de Bordils (Carma e Guasi ) visitaron o CEIP A Rúa para coñecer algunhas das nosas experiencias e o noso pobo.

 O alumnado de cuarto curso de educación infantil e o alumnado de 5º curso de primaria prepararon unhas entrevistas cheas de preguntas para coñecer como son as escolas de Magán e de Bordils.

Entrevista ao profesorado de Magán e Bordils



Os alumnos/as de 2º curso de primaria expuxeron o seu traballo de fotografía cunha presentación multimedia.

 O alumnado de 6º curso de primaria presentoulles a maleta dos planos do mundo do proxecto de cine en curso 2014-2015.

Carteis de benvida feitos polos nenos/as

Un momento da presentación

As profes vendo o noso muro de Cine

luns, 14 de setembro de 2015

LAS ALTAS PRESIONES

ESTES DÍAS ESTASE A CELEBRAR NO AUDITORIO A" XI SEMANA DE CINE DE CANGAS".


MAÑÁ MARTES, 15 DE SETEMBRO ÁS 21:00 DA NOITE, SERÁ A ESTREA DA PELÍCULA "LAS ALTAS PRESIONES" DE ÁNGEL SANTOS.



ÁNGEL É O NOSO CINEASTA NO PROXECTO CINEENCURSO, NO QUE XA LEVAMOS 3 ANOS.
O DIRECTOR DE CINE LEVA ACOMPAÑÁNDONOS E LEVÁNDONOS DA MAN TODO ESTE TEMPO.MAÑÁ TÓCANOS A NOS ACOMPAÑALO.
ANIMÁDEVOS!!!


xoves, 10 de setembro de 2015

25 ANOS MEDRANDO XUNTOS

HOXE DEMOS COMEZO A UN CURSO MOI ESPECIAL!!!
O NOSO COLE CUMPLE 25 ANOS!!!


O cole preparado para a ocasión

Todos e todas cargados de ilusión

Momento de reecontros


Preparados, listos,...

xoves, 13 de agosto de 2015

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

O servizo de Benestar Social do Concello de Cangas abre o prazo de solicitudes de axudas de comedores escolares para o vindeiro curso 2015-2016.

O prazo  finaliza o mércores 26 de agosto.

Para máis información podedes dirixirvos aos Servizos Sociais (Rúa Andalucía nº3).
Teléfonos:  986392266/67

mércores, 15 de xullo de 2015

LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas.

Os libros pódense recoller na primeira semana de setembro.



martes, 7 de xullo de 2015

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas.

Os libros pódense recoller na primeira semana de setembro.
 

martes, 23 de xuño de 2015

Presentamos "Deixando atrás", o noso documental do proxecto Cine en Curso

Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60.

Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo.

 


ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ:

No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".

  A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental:

1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña. 
 
O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
  Un momento da estrea no CGAI
  

2) Estrea do documental en Cineteca de Madrid. 
 O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
Un momento da estrea na Cineteca de Madrid


 Os nenos co director de cine Fernando Trueba


3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.


Un momento da estrea no CEIP A Rúa


En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.



4. Making Off (Imaxes)