Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 19 de decembro de 2014

Bo Nadal e feliz viaxe no 2015!!




Neste curso, as viaxes son as protagonistas no CEIP A RÚA, pois foron elixidas para o "tema núcleo". Elas son o motivo para a nosa felicitación de Nadal.

(Publicado tamén na web dinámica do CEIP A Rúa: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiparua/)

martes, 18 de novembro de 2014

venres, 24 de outubro de 2014

Horarios Escolas de Familia


PROGRAMA DE PREVENCIÓN FAMILIAR "MAIS QUE UN TEITO"
GRUPOS DE TRABALLO PARA PAIS NAIS E EDUCADORES/AS
CURSO 2014-2015

As escolas de familias que organiza o concello de Cangas en colaboración cos centros educativos son un marco de reflexión e debate sobre o papel de ser pai ou nai e teñen como obxectivo conseguir uns educadores/as que aceptan e alenten a progresiva autonomía dos fillos e fillas, que teñan seguridade e confianza na súa labor educativa e que consigan mellorar as súas relacións familiares e sociais.

 En xeral trátanse aspectos relacionados coa educación dos fillos e fillas, a educación para a saúde e a educación emocional, dándolle moita importancia á comunicación e as habilidades sociais. As achegas das persoas asistentes son de grande interese á hora de presentar tanto temas como conclusións.

 As datas e horarios definitivos dos grupos de traballo son:

 . Colexio Eduardo Pondal: Luns ás 15.30. Próxima reunión, 27 de outubro.
 . CEIP Cangas (Nazaret): Luns ás 17.00. Próxima reunión, 17 de novembro.
 . CEIP Espiñeira, Aldán: Martes ás 16.30. Próxima reunión, 4 de novembro.
 . CEIP Castrillón: Martes ás 16.00. Próxima reunión, E. Infantil, 28 de outubro.
 . IES Rodeira, Mª Soliño e Montecarrasco: Martes ás 18.45, na sala de usos múltiples do IES Rodeira. Próxima reunión, 4 de novembro.
 . CEIP San Roque: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 29 de outubro.
 . E.I. Choupana: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 5 de novembro.
 . CEIP O Hío: Xoves ás 17.00. Próxima reunión, 6 de novembro. 

 Os grupos reúnense quincenalmente. Se hai un número elevado de pais e nais que o demanden, cóntase cuns coidadores que se encargan de facer actividades cos fillos e fillas das persoas asistentes ás reunións.

COMEZA A VIAXE PARA OS REPRESENTANTES NA COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A xuntanza tivo lugar na Biblioteca

Roni entregou o material a cada representante

Comeza a viaxe!!!

venres, 10 de outubro de 2014

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación


O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.
A nova aparece publicada no xornal FARO DE VIGO con data do 3 de outubro: 
Lembramos que o alumnado foi o protagonista da elaboración dun documental que levou por título "Massó no recordo", asesorado por técnicos profesionais.
Este documental está publicado na web de Vimeo:
 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014
 Se queredes coñecer máis sobre o proceso de elaboración do documental, o rexistro levouse a cabo na Site:
https://sites.google.com/site/cineandoilusions/proxecta-cine-en-curso

O portal da Consellería de Educación e do MECD tamén publican a nova:
http://www.man.es/prensa-mecd/actualidad/2014/09/20140929-premios.html
http://www.edu.xunta.es/web/node/13522

(Entrada recollida en: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiparua/?q=node/82)

xoves, 9 de outubro de 2014

UNHA CINCENTA MOI ESPECIAL


Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita dos rapaces e rapazas da Asociación Juan XXIII, que representaron a obra da CINCENTA.


Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena,... A música poñía a pel de galiña!!!
O remate aplaudimos a rabiar.
Queremos darlle a noraboa a tod@s e desexamos que o ano que ven volvamos a estar xuntos para disfrutar doutro día tan especial.

Aquí tedes algúns momentos da representación...





mércores, 10 de setembro de 2014

MOCHILAS LISTAS...POIS COMEZA A NOSA VIAXE 2014-15!!!

Hoxe, 10 de setembro, demos comezo a este curso VIAXEIRO 2014-2015.
As clases serán como sempre de 9:30 á 14:30. O servizo de comedor tamén está en marcha.

Para o tema núcleo deste ano imos necesitar: maletas, guías de viaxe, medios de transporte, imaxinación e sobre todo ILUSIÓN!!!



A entrada do cole parecía unha estación de tren en hora punta!!!



Tod@s listos para viaxar!!!!!

martes, 9 de setembro de 2014

LISTA DE MATERIAIS PARA 3º DE PRIMARIA-CURSO 14-15



CEIP   A Rúa
A Rúa – 36940 Cangas  tf/fax: 986 303918
Pax web: www.centros.edu.xunta.es/ceiparua
blog: http://ceiparua.blogspot.com


3º Curso

Ademais dos libros de texto o alumnado precisará o seguinte material (non ten que ser necesariamente novo, pode traer o que teña na casa)

·        4 cadernos cuadriculados tamaño folio
·        2 cadernos raiados tamaño folio
·        1 regra de 30 centímetros
·        1 pegamento
·        1 bolígrafo azul ou negro
·        1 lapis
·        1 goma
·        12 ceras duras ou lapis de cores
·        12 rotuladores
·        Unha frauta tipo Honner.

venres, 5 de setembro de 2014

LIBROS DE TEXTO E OUTROS MATERIAIS (2º,4º e 6º) 2014-15





LIBROS DE TEXTO (2014-2015)

2º curso

Matemáticas: Matemáticas 2º CIFRAS (2.1,2.2,2.3) ED. VICENS VIVES
ISBN 978-84-682-0163-4
Cuadernos de matemáticas 2: Andavía, Proyecto "Los caminos del saber" Obradoiro Santillana
1º T. ISBN 978-84-9972-111-8
2º T. ISBN 978-84-9972-112-5
3º T. ISBN 978-84-9972-113-2
Lingua Galega-C. do Medio: Andavía, Proxecto "Os camiños do saber" Obradoiro Santillana
1º T. ISBN 978-84-9972-040-1.
2º T. ISBN 978-84-9972-042-5.
3º T. ISBN 978-84-9972-044-9
Cuadernos de L. Castellana: Andavía, Proyecto "Los caminos del saber" Obradoiro Santillana
1º T. ISBN 978-84-9972-105-7
2º T. ISBN 978-84-9972-106-4
3º T. ISBN 978-84-9972-107-1
Relixión: Relixión católica 2º (en galego) ED. ANAYA, ISBN: 978- 84-667-9961-4




4º curso

·        Matemáticas: Matemáticas 4 Editorial SANTILLANA (serie mochila ligera)
ISBN: 978-84-680-1008-3
·        Lingua Galega: Lingua 4 Editorial ANAYA, ISBN: 978-84-678-2100-0
·        Coñecemento do Medio: Editorial RODEIRA, ISBN: 978-84-8349-338-0
·       Dicionario de Lingua Galega




                                                                                                                         

6º curso

·        Lingua galega: Lingua 6, Abre a porta, ANAYA, ISBN: 978-84-667-8070-4
·        Coñecemento do Medio: Coñecemento do Medio 6 Galicia, Abre a porta, ANAYA
ISBN: 978-84-667-8087-2
·        Matemáticas: Matemáticas 6 en L. Castelá J. Fraile,  VICENS VIVES
ISBN : 978-84-316-9039-7
·        Dicionario de inglés






OUTROS MATERIAIS (2014-15)

 2º curso
O profesorafo fará unha reunión  nos primeiros días do curso, nela darán información do material.

 4º curso

Ademais dos libros de texto o alumnado precisará o seguinte material (non ten que ser necesariamente novo, pode traer o que teña na casa)

·        4 cadernos cuadriculados tamaño folio
·        2 cadernos raiados tamaño folio
·        1 regra
·        1 pegamento
·        1 bolígrafo azul ou negro
·        1 lapis
·        1 goma
·        12 ceras duras ou lapis de cores
·        12 rotuladores

6º curso

·       1 lápiz nº 2 e unha goma de borrar.
·       1 bolígrafo azul ou negro.
·       1 carpeta tamaño folio.
·       2 blocs tamaño folio, raiados.
·       2 blocs tamaño folio, cuadriculados.
·       1 bloc raiado para Inglés.
·       1 bloc raiado, tamaño cuartilla, para Relixión.
·       1 libreta  para Música raiada (sirve a do ano pasado).
·       1 regra de 30 cm. + escuadra ou cartabón.
·       1 transportador de ángulos.
·       1 compás escolar.
·       1 caixa de ceras duras de 12 cores.
·       1 caixa de rotuladores de 12 cores.
·       1 tixeira escolar.
·       1 frauta escolar tipo “Honner”.
·       1 Diccionario Escolar de Castelán. (sirve o do ano pasado)
·       1 Diccionario Escolar de Galego. . (  o do ano pasado)
·       1 Diccionario Escolar de Inglés-Español, Español-Inglés. . (sirve o do ano pasado)

venres, 18 de xullo de 2014

Convocatoria bolsas necesidades educativas específicas 2014

Informámoslles que o pasado día 19 de xullo no BOE publicouse a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos (opción que recomendamos).
No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán encher a solicitude manualmente no impreso que poden descargar no enlace de abaixo ou que poden solicitar no centro educativo. (Neste caso lembren que non recibirán información escrita, terán que poñerse en contacto coa sección de Bolsas para coñecer o estado da súa solicitude).
Tamén adxuntamos  unha nota informativa para axudarlles a que todas as solicitudes veñan completas e así poder axilizar a resolución.
O prazo de presentación da solicitude remata o día 30 de setembro de 2014.

martes, 1 de xullo de 2014

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR 2014-2015



O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2014-2015. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.
As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o mes de xullo(do 1 ao 31, ambos inclusive).

Poderán recoller no colexio o certificado de matriculación ata o 11 de xullo.



domingo, 29 de xuño de 2014

SESIÓN DE FROITAS

Rematou o curso e xa é o momento de disfrutar das vacacións e coller forza para o próximo. Para iso non esquezades seguir comendo froita fresca todos os días. Está riquísima!!!

Aí van algunhas das actividades que os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo realizaron coas froitas:

PAPILLA DE FROITAS

                                 






BODEGÓNS







 DONA PERA





ACRÓSTICOS









 STORYBOARD E GUIÓN DE CINE









E... A COMER!!!!!!



venres, 20 de xuño de 2014

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015

Aquí están os listados dos libros de texto e os materiais necesarios para 2º, 4º e 6º, para o curso 2014-2015.

 Libros de texto para o curso 2014-2015
https://docs.google.com/document/d/1uTmrwwQZW6D-spxAggEc3ZW59lsQHv3J9IBEgYkQJvY/edit?usp=sharing


 Material escolar para o curso 2014-2015

Material escolar


A publicación dos libros e o material que se utilizará en 1º, 3º e 5º de Primaria queda pendente da aprobación do Decreto que desenvolve a LOMCE en Galicia.

martes, 17 de xuño de 2014

Revista faladeiros 2014: CINE NA RÚA

Publicamos a edición deste curso 2013-2014 da revista Faladeiros, que co título CINE NA RÚA céntrase nas actividades desenvolvidas arredor do tema núcleo elixido polo centro neste curso e na que participaron todos os nenos/as do cole e os seus mestres e mestras.


https://docs.google.com/file/d/0B-SonnY9UoIXX2N2Q2gxa1FudFE/edit?usp=drive_web