Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

luns, 30 de marzo de 2020

RETO MUSICAL ECO ECO













2º RETO RÍTMICO MUSICAL PARA TODA A FAMILIA


ECO-ECO

Ola a todos/as!!!

Esta semana, dende a aula de Música, propóñovos outro reto para toda a familia.
Este ritmo corporal utiliza as mans para percutir .Necesitamos unha mesa e catro folios ou cartolinas de cores diferentes. Se non as temos na casa podemos pintar 4 folios, utilizando as mesmas cores do vídeo  ou reciclar follas de periódico e pintalas.
A miña proposta é:
Intentar repetir en ECO os ritmos que nos van propoñendo as mans que vemos no vídeo.

Premede no enlace e ANIMÁDEVOS!!!


xoves, 26 de marzo de 2020

BESOS BESOS

 
   BESOS, BESOS    







  1. Conversamos. Como son os teus besos?: frequiños, suaves, pinchan, de chocolate, sonoros….
  2.  Pónlle cor ós teus besos. Representa os teus besos debuxando con cores, con pincéis…podes colocalos nas ventas a modo de mensaxe.

LA ORUGA GLOTONA


PROPUESTAS PARA EL CUENTO LA ORUGA GLOTONA




1. Representamos con oso corpo á Eiruga. Cunha tea estirada no chan nos enrolamos pouco a pouco nela ata que quedamosenvoltostotalmente. Permanecemos un ratiño. Logo pouco a pouco, intentamos saír e voamos como unha bolboreta. 
 
2.Somos unha eiruga glotona e imos ó froiteiro da casa e decidimos que froitas nos gustaría comer. Tamén podemos facer brochetas, zumes ou batidos.

3.Coa plasti, elaborar un ovo, a eiruga e a bolboreta. Secuenciar as fases do proceso de nacemento. Conversar.

ARTUR

PROSTAS  PARA O CONTO "ARTUR"


AUDIOCONTO ARTUR










RIMA DE MOVEMENTO EL POLLITO DE TAMARA TCHUVAROSKY





Recreamos a historia do Pito Artur. “ Somos o Pito Artur e estamos encollidos dentro do ovo(que pode ser unha caixa, debaixo dunha mesa…..). Estamos incómodos. Pouco a pouco nos movemos: a un lado e a outro. Logo estiramos un brazo, a perna. Intentamos romper o ovo co noso peteiro. Cando abre sacamos a baza despaciño, o corpo, brazos e pernas. Saímos do ovo. Comezamos a camiñar, a tremer porque temos frío. Pechamos os ollos e quedamos durmidos. Profundamente durmidos acurrucadiños”.

COCORICO




 AS PROPOSTAS DO CONTO DE COCORICO








RIMA CON MOVEMENTO TAMARA TCHUVAROSKY

  1. Facer un Biscoito Cocorico  para compartir no desaiuno, na merenda.Podedes preparar previamente a lista dos ingredientes que ides a necesitar.Facede pesadas, medidas…. No momento da elaboración do biscoito; remover, amasar, bater….
  2. Elaborar debuxos dos protagonistase colocarlles un pauciño para convertilos en marionetas e recrear o conto, facer diálogos….
  3. Masaxe para relaxarnos. Poñemos a canción de Cocorico a volumen suave para ambiantar. Tumbados boca abaixo imos seguir a canción e cando escoitamos “ Picotí picotá”, imitamos a Cocorico convertindo a nosa man no seu peteiro. Tamén se pode facer coas dúas mans a vez pola espalda. Logo imitamos a Gato pelado cando escoitemos o “marramiau, marramiau”, como se estivésemos arañando pola espalda. Terminamos cun toque final, coas mans imitamos como se estivésemos amasando. Respiramos profundamente, ollos pechados…