Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 27 de febreiro de 2015

Matrícula para o curso 2015-2016

 












 Prazos:
  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 23 de marzo ao 14 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 27 de abril ao 4 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:
  • Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería)
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (só no caso de baremar)

Información de interese:
  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Lexislación de referencia:
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)

Toda a información no enlace da Consellería.



OFERTA DE PRAZAS NO CEIP A RÚA

EDUCACIÓN INFANTIL
  • 4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.
  • 5º de Educación Infantil (4 anos): 4 prazas
  • 6º de Educación Infantil (5 anos): 5 prazas

EDUCACIÓN PRIMARIA
  • 1º de Educación Primaria: 1 praza para n.e.e.
  • 2º de Educación Primaria: 5 prazas
  • 3º de Educación Primaria: 10 prazas
  • 4º de Educación Primaria: 2 prazas
  • 5º de Educación Primaria: 2 prazas
  • 6º de Educación Primaria: 1 prazas

venres, 13 de febreiro de 2015

UNHA VIAXE POLO ENTROIDO


 A VIAXE COMEZOU NAS AULAS A MEDIA MAÑÁ , COLLENDO FORZAS COS POSTRES TÍPICOS DO ENTROIDO



 A PRIMEIRA PARADA FOI PARA POÑER OS NOSOS DISFRACES.

SEMPRE COA AXUDA DAS FAMILIAS.

CHINOS, WALLYS, CARTAS POSTAIS, ROMANOS, AZAFATAS E PILOTOS.
TODA UNHA VIAXE!!!

 A SEGUNDA PARADA: LISTOS PARA DESFILAR E CANTAR!!!
OS DRAGÓNS ENCABEZABAN O DESFILE


 PILOTOS, AZAFATAS E ROMANOS VOLARON XUNTOS NO AVIÓN DO TEMPO



CUARTA PARADA PARA CANTAR AS COPLAS






...E FIN DA VIAXE PARA QUEIMAR O MECO!!!

domingo, 8 de febreiro de 2015

NESTE ENTROIDO O MECO MÁNDANOS DE VIAXE

COMO TODOS OS ANOS OS NENOS/AS DE SEXTO DE PRIMARIA CREAN O MECO PARA CELEBRAR O ENTROIDO.

AQUÍ O TEDES NA ENTRADA DO COLE!!!




CADA DÍA O MECO DÉIXANOS A CONSIGNA PARA O DÍA SEGUINTE.
O VENRES DEIXOUNOS ESTA.



venres, 6 de febreiro de 2015

TALLER DE ENTROIDO COAS FAMILIAS

ESTOS DÍAS AS FAMILIAS TRABALLARON MOITO!!!
ACOMPAÑADOS POLAS PROFES, DERON OS ÚLTIMOS RETOQUES ÓS DISFRACES PARA OS MÁIS PEQUENOS DO COLE.

Nais de Infantil traballando nos disfraces


A profe Pili rodeada de nais na aula de 5anos

As familias dos nenos/as de 1º e 2º


A profe MªJosé, ben acompañada, traballando na aula de 2º

GRAZAS A TODOS/AS POR COLABORAR .O DÍA DO ENTROIDO XA COMPROBAREDES O LUCIDOS E VIAXEIROS QUE QUEDARON.