Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

domingo, 23 de xuño de 2013

Festa de fin de curso

O día 21 foi a última xornada lectiva deste curso que pasou coma un sopro. Como non podía ser doutro xeito,  celebrámola por todo o alto. Os nenos/as participaron nos xogos cooperativos que tanto lles gustan. Esforzáronse en superar cada unha das probas para acadar a peza do puzzle que, unha vez completo, indicáballes a que profesor/a se tiñan que dirixir para recoller as pistas do tesouro. ¡Que emoción á hora de abrir os paquetes! Todos /as quedaron contentos co seu agasallo.
Unha vez rematados os xogos e despois dun descanso, xuntámonos na Biblioteca, alí as persoas que forman parte do equipo de biblioteca entregaron os premios da gañadora e dos finalistas do concurso fotográfico "Roni no entorno".
Na última parte da mañá os nenos/as, con bastante apetito, foron ás súas aulas para saborear unha abundante merendola e para despedirse dos seus compañeiros/as e das/dos profes.

O profesorado do colexio desexa un bo verán a toda a comunidade educativa.

Nas fotos podemos ver algúns momentos das actividades da mañá.










mércores, 19 de xuño de 2013

Revista Faladeiros 2013

Xa publicamos a edición deste curso 2012-2013 da revista Faladeiros, na que participaron todos os nenos/as do cole e os seus mestres e mestras.
Podedes lela pinchando no enlace de arriba.


martes, 18 de xuño de 2013

O cadro de D. Quijote e Sancho Panza

Os nenos/as de 1º e de 2º coas profes xuntámonos na Biblioteca á hora de ler porque veu Marta, a mamá de Antón, para explicarnos os diferentes materiais e as distintas técnicas que utilizou no cadro que pintou de D. Quijote e Sancho Panza. Os cativos estiveron moi atentos e fixéronlle preguntas sobre a súa obra.
Foi unha sesión moi interesante. Ao final... ¡REGALOUNOS O CADRO PARA O COLE!

Grazas Marta por dedicarnos parte do teu tempo libre e por regalarnos esta obra de arte.
Marta explícanos como fixo o cadro.

Algúns dos materiais que utilizou.


                                            D. Quijote e Sancho Panza.

mércores, 12 de xuño de 2013

Votación do concurso fotográfico: "Roni no entorno"

Entrada publicada no blog "O recanto de Roni"

Onte, durante todo o día, celebramos as votacións para elexir a foto gañadora do concurso de fotografía.Participou toda a comunidade educativa.
Aos nenos/as costoulle moito decidirse por unha foto


A foto que mais me gusta é...

Darío e Antón de 5º na mesa de votacións.


O meu voto e paraaaa...

venres, 7 de xuño de 2013

CONCURSO FOTOGRÁFICO: "RONI NO ENTORNO"

Entrada publicada no blog de Roni.
As fotos do concurso xa están expostas no punto de lectura libre que Roni ten na entrada da biblioteca.
Vos invitamos a visitala e que disfrutedes delas.



En total conseguimos xuntar 41 fotos, que podedes ver premendo en FOTOS CONCURSO


 A votación para elixir a foto premiada será o día 11 de xuño. O horario de votación para as familias do alumnado será o que segue:

Pola mañá: de 9:30 a 10:00
                  de 14:00 a 14:30

Pola tarde : de 16:30 a 18:00

martes, 4 de xuño de 2013

Xornadas interculturais

IX XORNADAS INTERCULTURAIS CRECENDO NA DIVERSIDADE  

4 XUÑO AUDITORIO MUNICIPAL 
 19:00 CINE INFANTIL: KIRIKÚ E A FEITICEIRA

 21:00 DOCUMENTAL SHANGA-INDIA “UN ANAQUIÑO DE CEO”

5, 11 e 12 XUÑO AUDITORIO MUNICIPAL
21:00 CICLO DE CINE EUROÁRABE AMAL

8 XUÑO
11:00-18:00 Campamento Maia- Ceip Nazaret. Inscrición na Casa da Xuventude.

18:00 FESTA INTERCULTURAL ALAMEDA VELLA 1

8:00 Apertura de postos das ONG Sangha India, Solidaridade Internacional, Intermón-Oxfam, Amarante, Adicam.

18:00 Contacontos de Médicos/as Sen Fronteiras.

18:30 Ciclobiblioteca e contacontos con Anxo Moure.

19:00 Danzas do Mundo Danza Oriental
        - Grupo de alumnas de Marga Outeiral Ritmos latinos
        - Grupo do obradoiro de maiores do Concello

Organiza: Concellería de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado e Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller

domingo, 2 de xuño de 2013

FESTA FIN DE CURSO

O tempo pasa, xa están a punto de finalizar as clases e, como cada ano unha vez rematadas as actividades, a ANPA organizou a festa de fin de curso. Os nenos e as nenas xunto coas súas familias puideron disfrutar dunha xornada moi completa. Non faltaron os xogos, exhibicións de patinaxe e de maxia, concurso culinario...


Nesta presentación podedes ver algúns momento da festa.