Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

domingo, 29 de novembro de 2009

Gran agasallo do alumnado de 6º

Publicado no seu blog o venres 27 de novembro

A clase de Sexto sorteará entre os amigos e amigas que colaboren para a excursión de fin de curso, un espléndido lote de produtos de calidade superior:

  • UN XAMÓN IBÉRICO.
  • UN QUEIXO MANCHEGO.
  • DÚAS BOTELLAS DE VIÑO RIOXA GRAN RESERVA.
Os nenos e nenas de Sexto xa estamos a agardar a túa colaboración.
Colabora para a Excursión de Fin de Curso de Sexto e poderás levar este fenomenal lote para a túa casa.
¡¡¡ MENUDA FESTA !!!

venres, 27 de novembro de 2009

Coñeces o noso blog de música A banda do cole?


Ten cousas tan chulas como esta canción de Toquinho.

Animádevos a visitalo!

Pincha na imaxe e irás ó blog á velocidade dunha fusa.








UNHA CANCIÓN MÁXICA

mércores, 25 de novembro de 2009

Escribir rápido no teclado (mecanografía)

Con esta entrada aproveitamos para presentaros o blog AS TIC NO CEIP A RÚA, que podedes atopar enlazado na sección de Os nosos blogs de aula e profesores. Nel iremos facendo propostas de actividades de aula relacionadas coas TIC e iremos informando das novidades que se vaian producindo a nivel xeral. Nesta ocasión ímosvos propoñer actividades para que os nenos/as melloren a súa habilidade para escribir no teclado con máis rapidez e precisión.

Con frecuencia deixamos aos nenos/as que escriban no teclado segundo o seu instinto natural (é dicir, con un ou dous dedos) e esquecémonos de desenvolver unha habilidade básica que aumenta sensiblemente a produtividade do traballo diante do ordenador, tal como é escribir utilizando todos os dedos das dúas mans e ademais facelo sen mirar para o teclado, é dicir, mirando para a pantalla do ordenador.

Por outra parte, a práctica da mecanografía, en dúas ou tres sesións semanais duns 20 minutos é un excelente exercicio para a mellora da concentración.

Existen moitos recursos en internet para mellorar esta habilidade, e xa dende idades propias da etapa de educación infantil, é dicir, dos 3 anos en diante, a través de xogos sinxelos para aprender a manexar primeiro o rato e logo as primeiras letras do teclado.

Para os máis pequenos podemos comezar con TUX-TYPING, un xogo educativo que se descarga desde internet e que é multiplataforma, con versións para LINUX, Windows e Mac.


Tux é un pingüín que vai zampándose os peixes que caen antes de que toquen o chan. Cada peixe leva unha letra asociada e para que Tux o poida comer o neno/a debe pulsar esa letra coa suficiente rapidez antes de que o peixe chegue ao chan. Ten opcións para regular a velocidade con que caen as letras ou mesmo elixir palabras con diverso grao de dificultade. Está traducido entre outras á lingua galega.

Un xogo que utiliza unha idea similar podemos atopalo en Mecanografía na Prehistoria, na web de Vedoque.

Outro xogo é o de Biblioteca máxica , este require un mínimo de destreza e será axeitado a partir de segundo ciclo de primaria.

Especialmente a partir do 3º curso de primaria podemos traballar cun programa sistemático de aprendizaxe, na liña do que por exemplo nos ofrece a páxina web de cursomeca.com, que nos permite probar o programa sen rexistrarnos nun curso de 27 leccións.


É útil, como elemento motivador, levar un rexistro nun caderno de todos os alumnos/as onde se anoten cada unha das leccións que van superando e o número de erros das que non superan.

Outra opción a partir de 2º ciclo é o curso da web de Vedoque.

Bos días cunha aperta literaria!!




Hoxe queremos darvos os bos días dunha forma moi, moi especial...
cunha despensa de palabras!!
que nos regala en
El libro de los abrazos
Eduardo Galeano

Seguro que vos vai engaiolar!!







La casa de las palabras


A la casa de las palabras, soñó Helena Villagra, acudían los poetas. Las palabras, guardadas en viejos frascos de cristal, esperaban a los poetas y se les ofrecían, locas de ganas de ser elegidas: ellas rogaban a los poetas que las miraran, que las olieran, que las tocaran, que las lamieran.

Los poetas abrían los frascos, probaban palabras con el dedo y entonces se relamían o fruncían la naríz.

Los poetas andaban en busca de palabras que no conocían, y también buscaban palabras que conocían y habían perdido.

En la casa de las palabras había una mesa de los colores. En grandes fuentes se ofrecían los colores y cada poeta se servía del color que le hacía falta: amarillo limón o amarillo sol, azul de mar o de humo, rojo lacre, rojo sangre, rojo vino.…




Propoñémosvos que ilustredes este fermoso texto con palabras multicolores!!
Se algún pai ou nai se anima tamén a facelo, estariamos encantados/as!








Roni recomenda a lectura de Frederick, de Leo Leoni, editorial Kalandraka.

A historia dun ratiño diferente,
un POETA.




luns, 23 de novembro de 2009

Os nenos e nenas teñen dereito a unha alimentación sá



Un video impactante, para comentar en familia.



Pollo a la Carta (de Ferdinand Dimadura)




Os nenos e nenas de 2º de Primaria exprésanse por escrito despois de visionalo:


"Temos moita sorte de ter comida e poder ir ó cole porque hai nenos e nenas que teñen que buscar a comida nos contenedores de basura" (Álvaro)
"Eu sentín moita tristeza porque comían lo de la basura" (Anira)
"Eu sinto que están mortos de fame e con xantar cousas da papeleira morren pasado mañá. Me sinto con ganas de chorar" (Ían)
"Eu neste vídeo que acabo de ver sentín moita tristeza porque da
me moita pena que malgasten a comida mentras que outros están famentos e non teñen nada que comer e se me puso a pel de galiña" (Sergio)




Pois, agora observade nesta foto o que atopou unha profe esta mañá (23-11-09) nas papeleiras do patio:



Creo que todos e todas debemos facer unha reflexión seria ó respecto.


Se queres, deixa aquí o teu comentario.

xoves, 19 de novembro de 2009

Os Dereitos da Infancia, ilustrados por nenos/as de A Rúa


Os Dereitos da Infancia con ollos de nenos:




Protexer ós nenos e nenas está nas nosas mans:





Para que un soño se faga realidade, hai que desexalo con moita intensidade.
Que tal se pechamos os ollos, escoitando
Imagine de Jhon Lenon, e imaxinamos un mundo mellor no que todos eses dereitos se fagan realidade?

domingo, 15 de novembro de 2009

Os nenos e nenas temos dereitos!!


Este venres, 20 de novembro de 2009, celébranse os 20 anos da aprobación da Convención dos Dereitos do Neno/a.

Queremos dedicar esta semana á súa conmemoración. Achegámosvos información e algunha que outra proposta.




¿Coñeces a Convención sobre os Dereitos do Neno/a?

É un tratado das Nacións Unidas, a primeira lei internacional sobre os dereitos do neno e a nena que é de cumprimento obrigatorio para os países que a aceptaron.

Está formada por 54 artigos que buscan protexer ós cativos/as para que poidan medrar sans e felices, expresando libremente as súas opinións.

Podedes ver o seu contido enteiro no enlace do Seminario Galego de Educación para a Paz.


Aínda que numerosos países posúen leis que protexen a infancia, moitos non as cumpren. Isto significa que moitos pícaros/as viven acotío en situacións de pobreza, sen fogar, sen educación, en situacións de abandono, afectados por enfermidades que se poderían previr, sen protección das leis...






Estes problemas non só afectan ós países pobres, ás veces tamén están presentes nos países ricos.







En 1998 UNICEF pensou en como dar a coñecer os dereitos da infancia de forma creativa e divertida, pediulle ós creadores/as e directores/as de todo o mundo que fixeran curtametraxes de 30 segundos sobre algúns dos dereitos da Convención.


Este vídeo recolle algunhas das curtametraxes de debuxos animados, realizados por animadores/as de todo o planeta.









E que tal se vos animades a facer algún debuxo relacionado cos dereitos dos nenos/as para colocalos no blog o vindeiro venres?



...


Un recordo especial para os nenos/as de Gaza.



Queremos mandarlle un bico moi grande dende aquí a tódolos cativos/as de Gaza. Coñecemos que agora teñen un muro que os encerra e que sabemos que lles poñerá algo tristes. Se caeu o muro de Berlín, estamos seguros/as que ese muro algún día caerá tamén.


O muro de Gaza


...


Victor Jara puxo música a un poema de Miguel Hernández,
El niño yuntero.

Unha canción-denuncia que, desgraciadamente, segue de actualidade :-(








...


Roni recomenda ler:
Cobertor de estrelas, de Ricardo Lisías.

Para os máis grandes do cole (3º ciclo), Roni recoméndavos a lectura deste libro, escrito por Ricardo Lisías que fala dos nenos/as das favelas brasileiras; abandonados, sen familia, pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, tentando defenderse de todo tipo de violencia.

Un libro triste pero cunha migalliña de esperanza.

Para reflexionar sobre outras realidades diferentes das nosas, pero non tan lonxanas, onde os dereitos dos nenos e nenas en moitas ocasións non son respectados.






Outros enlaces:

TVE dedica esta semana a defender os dereitos da infancia
Case 3000
nenos/as desamparados en Galicia
O 95% dos nenos/as con discapacidade, excluídos da escola

venres, 13 de novembro de 2009

Por fin chegou o magosto!!


M
AGOSTO!!



Moitas persoas emborrallámonos
As nenas/os divertímonos moito
Gústanos esta festa
Os nenos/as xogamos polo patio
Sempre o pasamos ben
Todos comemos castañas
O facemos todos os anos



Diálogo entre a castaña e o verme:

C -Verme, sae de aí que me estás rompendo o cerebro.
V -¡Pero eiquí xa teño a miña casa!
C - Morrerei se non saes.
V -Vou buscar unha castaña morta para meterche un pouco de carne e voume vivir a unha froita.

Nico e Sergio. 2º Primaria






Aquí vos deixamos uns xogos relacionados co outono para os máis pequenos/as que elaborou unha profe do EEI Tarrío-Samieira. Tendes quebracabezas, series, adiviñas... Ata podedes escoitar os sons do outono!! Botádelle unha ollada!

(Pulsade no símbolo da pantalla da esquina superior para velo a pantalla completa)





Poemas, lendas, adiviñas e refráns no recanto de Mik



E para saber máis:

A castaña na cultura popular galega
O magosto, a festa da tribo
La castanyada, en Cataluña


martes, 10 de novembro de 2009

Polo San Martiño, trompos ó camiño




Manifesto Día do Peón 2009,


TIRA POLA PIOLA


Traballar todo o ano cansa, traballar un día e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Así e todo hai días nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses días fabrica cousas para a alegría. Estes días pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores.


Baila, bailarín, baila,
Danza, salta, o meu peón,
Brinca a miña buxaina
O meu trompo toleirón





O peón é barrigón e polo pé moi agudo, é un bicho que quere brincar e que naceu aprendido, xa sabe bailar. Nada máis falta que ti aprendas primeiro, a buxaina vai agardar que alguén che ensine primeiro a que a envolvas coa túa piola, a modiño, con xeito, unha volta e mais outra. Á que está envolta hai que sacar a lingua polo canto da boca e logo, atención, aí vai o peón!




Elvira, tira,
Manuel, dalle á piola.
Son o teu trompo,
Lánzame que non rompo.




Suso de Toro, 2009


luns, 9 de novembro de 2009

Festa da liberdade en Berlín, 20 anos despois da caída do muro


(Foto publicada en El País digital)


En
Berlín había un muro y hace 20 años lo derrumbaron porque los políticos han pensado que así no se arreglan las cosas y hoy se celebra el 20 aniversario de la caída del muro.
Álvaro

Hoy en Berlín se celebra la fiesta del derrumbamiento del muro de Berlín. Empezarán la fiesta derribando las piezas de dominó que pintaron los pintores de todo el mundo.
Candela

Alemania celebra unha festa do 20 aniversario da tirada do muro de Berlín. Derrubaron o muro porque os políticos pensaban que así non se arreglan as cousas.
Néstor

Hace 20 años en Berlín había un muro que separaba un sitio del otro así que los políticos pensaron que había que arreglar eso porque había muchos familiares que no podían ver a otros familiares suyos.
Antón








O muro



"Nas primeiras horas do día 13 de agosto de 1961, centos de vopos (soldados membros da milicia popular) e colaboradores da Stasi (servizo de seguridade do estado) comezan a tender arameiras ao longo do 155 km do perímetro de Berlín oeste, dos cales 43 km correspondían á liña de separación entre as dúas partes da cidade. Cortáronse rúas, tapiáronse xanelas e bombardeáronse casas.

Axiña se converteu nun muro de cemento de 5 m de alto, coroado con arame de espiño e vixiado por torretas de vixilancia, niños de metralladoras e minas. O muro foi reforzado catro veces e chegou a ter 302 torres de vixilancia, 20 bunkers, 259 zonas controladas por cans e miles de proxectores. Ao longo da súa historia (1961-1989) aproximadamente 5.000 persoas conseguiron cruzalo arriscando as súas vidas. Un número similar tamén de alemáns orientais foron capturados mentres o tentaban e 191 morreron no seu intento de acceder ao Berlín occidental."

Publicado hoxe no blog Formigas investigadoras de 2º






Ó Muro de Berlín sobrevívenlle outros 14 levantados por diferencias políticas, relixiosas e militares arrededor do mundo.Nacion.com

  • Vista panorámica dende o leste de Xerusalén da construción do muro, na localidade cisjordana de Abu Dis, Israel. O goberno de Israel di que é “un valo de seguridade”.

  • Nacion.com
  • Un grupo de presuntos emigrantes mexicanos camiñan xunto ó valo fronteirizo que separa a México de Estados Unidos, o 13 de febrero de 1995. Este é o lado mexicano fronte a Nogales, Arizona.

  • Nacion.com
  • Un palestino observa dende a “rexa de separación”, en Abu Dis, do lado de Cisjordania, ó leste de Xerusalén. No muro di “ apartheid ”.


Os nenos/as opinan:



Ola Presidentes e Políticos, ¿poderiades derrubar os muros que separan as cidades? Porque hai persoas que non poden ver as marabillas doutros sitios e a min iso ponme triste e porque os nenos/as e as nais e os pais queren estar cos seus amigos e irmáns.
Antón e Pedro

Por favor, tendes que derrubar todos os muros do mundo porque senón moitos familiares vense pouquísimo tempo.
Yanira, Lisa e Nico

domingo, 8 de novembro de 2009

O grupo musical Mamá Cabra envía a tódolos nen@s do CEIP A Rúa bicos e música


O
grupo musical Mamá Cabra que nos visitou polas Letras Galegas no festival que tódolos cursos facemos no Auditorio, ven de facer un comentario no noso blog.


Se queres ollar este comentario, vai á entrada do Samaín, onde colgamos algunhas das súas terroríficas cancións!!
Enviounos a tod@s moitos bicos e moita música!!

Moitos bicos e moita marcha tamén dos cativos/as, mozos e mozas, profes/as do CEIP A Rúa!!

Se queres coñecer a súa páxina web, as súas cancións, as partituras...clikea na imaxe da cabuxa!!


venres, 6 de novembro de 2009

Escola de pais e nais, todo un éxito!!


Onte inauguramos o primeiro encontro de pais e nais na Escola de familia.

Queremos resaltar a alta participación, o cal nos produce unha grande satisfacción porque amosa o interese das familias pola educación dos seus fillos e fillas.

Uns pais e nais moi aplicados/as!!







Os cativos/as pasárono tan ben coa coidadora, que querían volver ó día seguinte,
terán que esperar á vindeira xuntanza!!







Aínda estades a tempo de participar! Animádevos!!

Próxima xuntanza: o 19 de novembro ás 17:00 horas.

mércores, 4 de novembro de 2009

O xoves día 5, ás 17:00 comeza a Escola de pais e nais


Este xoves, día 5 de novembro, de 17:00 a 18:30 horas, no CEIP A Rúa, dá comezo a ESCOLA DE PAIS E NAIS que imos levar adiante durante este curso e que está organizada polo departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas. Contará coa colaboración do departamento de orientación do noso cole.

Esta actividade é gratuíta para todos e ademais haberá unha cuidadora que se fará cargo dos nenos.


ANÍMATE A PARTICIPAR!!