xoves, 19 de maio de 2011
martes, 17 de maio de 2011
UNHA HOMENAXE "AS NOSAS LETRAS" .
martes, 10 de maio de 2011
A grande meiga de Foz
A historia tratábase dun espantallo que quería un cerebro, unha nena que quería volver a Porriño, un androide que quería un corazón e un boxeador que quería valor.
Ao principio da obra, apareceu a bruxa do Norte que lle deu un bico na fronte a Doriñas, ese bico ía protexela, tamén lle deu uns zapatos que eran da bruxa de Oriente.
Despois saiu a grande meiga de Foz, que era a máis poderosa de todas, concedíalles os desexos que lle pedían. E por último, apareceu a bruxa de Occidente, que intentaba roubarlle os zapatos a Doriñas.
Ao final da obra, todos descubrimos que o espantallo tiña cerebro, o androide corazón e o boxeador valor.
Amable e Vicky
PD: A obra de teatro está baseada no libro "O marabilloso Mago de Oz". A profe Ana está léndonolo na hora de ler. O autor é Lyman Frank Baum.
Podes velo con subtítulos en portugués neste enlace http://www.youtube.com/watch?v=7ljl2xIQB7s&feature=youtu.be
martes, 3 de maio de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)