Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

martes, 25 de decembro de 2012

A cesta de Nadal


O pasado venres 21 os/as alumnos/as de 6º entregaron a cesta de Nadal. O afortunado foi un tío de Juan Jesús, posuidor  da rifa nº 0985, que coincide coas tres últimas cifras do número 35985 premiado no sorteo da ONCE do 14 de decembro.

Noraboa e Bo Nadal!!!

venres, 21 de decembro de 2012

A maxia dos contos e contos con maxia

O pasado xoves, a comunidade educativa do noso colexio tivo ocasión de participar na festa de Nadal organizada pola ANPA. Os cativos, as súas familias e os profes puideron disfrutar dun espectáculo de maxia e tamén da maxia dos contos. As mamás e os papás levaron a cabo varios talleres, neles as nenas e os nenos pasárono xenial facendo postais, colares e sobre todo maquillándose!!

Rematou a festa cunha chocolatada ben quentiña acompañada de deliciosos biscoitos e outros doces.

venres, 14 de decembro de 2012

Recursos para o Nadal

A Coordinadora Galega de ENDL puxo un ano máis á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar: 
1.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.
2.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais vai estar aberto ata o 21 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
Enderezo: http://www.coordinadoraendl.org/nadal2012/recursos/index.php

VISITA Á GRANXA KIRIKO


O 30 de novembro, os nenos e nenas do 3º ciclo fomos a unha saída escolar á "Granxa Kiriko", en Fornelos de Montes.


Alí había varias monitoras que nos explicaron o que iamos facer durante o día e mesturáronnos cos nenos do colexio de Poio en diferentes grupos.



Había tres probas: tiro con arco, un xogo de preguntas de animais en perigo de extinción e cruzar un río falso esquivando as bolas de papel do equipo contrario.

Despois de xantar, tivemos tempo libre para xogar.


Ao final, as monitoras ensináronnos os distintos animais da granxa: coellos, galiñas moi raras, aves rapaces, cabras ananas, burros, cabalos, un furón e un mapache, e ata dous porcos vietnamitas.


Pasámolo moi ben, é un lugar estupendo para disfrutar da natureza.

mércores, 12 de decembro de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

 

PARA CELEBRAR O CENTENARIO DO SEU NACEMENTO, DECIDIMOS XUNTARNOS ÁS 12:00 NO PATIO PARA RECITAR O POEMA  "DEITADO FRENTE AO MAR".


VISITADE  recanto de roni  E TEREDES MÁIS INFORMACIÓN DESTE EVENTO.

luns, 3 de decembro de 2012

Un magnífico estreo...

(Publicado no blog  "O recanto de Roni")

RONI PRODUCIÓNS PRESENTA.....


 UNHA SESIÓN DE BIBLIOCINE QUE PRESENTA A SÚA PRIMEIRA FUNCIÓN O 3 DE DECEMRO ÁS 16.30 COA PELI 
" LOS GOONIES".

      SERÁ PRECISO TRAER A ENTRADA PARA QUE POIDAS VER ESTE FANTÁSTICO ESTREO. 


            ANIMÁDEVOS!!!.

venres, 9 de novembro de 2012

Un día moi completo

Hoxe tivemos unha xornada completiña. Ao pouco de entrar no cole preparámonos para ir ver ao Auditorio a obra de teatro en inglés "Magic Beans" representada pola compañía "Fairy Dreams".

 
Á volta fixemos o magosto. Mentres as castañas se asaban, participamos nos xogos que organizaron @s profes nos diferentes ciclos. Para rematar, fartámonos de castañas e emborrallámonos  cos carbóns que quedaron da fogueira.


Nesta presentación podedes ver algúns momentos da festa.

mércores, 31 de outubro de 2012

Día de terrorrrrrrr

Serpes que fan sssssssss
Arañas peludas e gordas.
Monstros terroríficos.
As momias asustan.
Imos disfrazados.
Na noite dos fantasmas.

venres, 26 de outubro de 2012

Primeira reunión de representantes 12-13


O día 25 ás 12:50 tivo lugar a reunión dos representantes de cada curso coa Dinamizadora de Convivencia e coa Xefa de Estudos.
En primeiro lugar presentáronse os membros que forman parte deste equipo. De seguido recordáronse as funcións dos representantes e informouse de outros asuntos de interese. Despois da entrega do material pasouse ao último punto, rogos e preguntas, onde algúns membros presentaron as súas dúbidas.

Un momento da reunión.


Entrega de carpetas co material.

xoves, 25 de outubro de 2012

RECOGIDA DE TAPONES

 
En abril del 2011 empezó la campaña de recogida de tapones de la asociación "Tapones para una nueva vida" que ayudaron a catorce niños minusválidos para aportar dinero para las operaciones que necesitaban.
Esta campaña se lleva a cabo por España y el norte de Portugal. Llevan trabajando un año y medio.

La Fundación Seur ha llevado 1.077 toneladas a una empresa que recicla tapones y la fundación ayuda a los niños que necesitan un brazo, un hueso sacro, etc. Una empresa paga 300 euros por tonelada.
En Portugal ha habido en este tiempo tres casos de niños: Diogo Farinhoto nació sin medio brazo, Paula Nieto, nació sin hueso sacro y Lola Lista nació con parálisis cerebral.
La Fundación Seur ha ahorrado 16.161 toneladas de CO2 porque reutilizan el plástico y ayudan al medio ambiente.
En el colegio de la Rúa los alumnos/as aportaron tapones de botellas de plástico inservibles.


Os nenos e nenas de 4º

venres, 19 de outubro de 2012

OUTONO!!

Outono bonito, 
mazás no faiado, 
uviñas maduras 
e viño gardado.

Outono bonito, 
folliñas no chan, 
castañas asadas 
¡que boas están!



martes, 9 de outubro de 2012

Escola de pais e nais no curso 2012-2013


Animamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de pais e nais organizada polo Centro Municipal de Benestar Social do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.
Este martes, día 9 de outubro, ás 17:30, no CEIP A Rúa, terá lugar a presentación do programa anual, á que estades todos e todas convidados, e na que se falará dos temas a tratar durante o curso, dos horarios que preferides, e de calquera dúbida que poidades ter ao respecto.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

luns, 8 de outubro de 2012

MERLÍN

Hoxe viñeron ao cole Morgana e Artur, para presentarnos a obra "MERLÍN" de Os Quinquilláns Teatro, que se vai representar no Auditorio de Cangas este xoves 11 de outubro ás 6 da tarde.


Xuntámonos todos na Biblioteca para coñecer a historia de Artur, Morgana, Merlín e outros personaxes de Avalón que levan 1500 anos encerrados nunha cova.. 
Tamén nos explicaron remedios naturais para algunhas doenzas: A auga do mar e o mel para as feridas, a clara de ovo para as queimaduras, as ortigas cociñadas para a anemia e a auga de cocelas para masaxes (cura as dores musculares), o allo para evitar o colesterol, o perixel para o mal alento... 
Ao final agasallaron con dúas entradas aos que adiviñaron dous acertixos... Noraboa a Nico e a Tristán!!!



luns, 1 de outubro de 2012

Xa está en marcha o comedor escolar

Hoxe púxose en marcha o comedor escolar no noso centro. Un grupo de nenos e nenas utilizaron o servizo este primeiro día. Os cativos, despois de lavar as mans, pasaron ao comedor para compartir mesa e mantel inaugurando así este espazo amplo e lumninoso. Todo funcionou con normalidade.

Primeiro lavamos ben as mans.


Xa estamos sentados/as e listos para empezar a comer.


Mmmmmm... esta comida cheira que arrecende.


E ao rematar... cepillamos os dentes!! Aínda que hoxe, como foi o primeiro día, houbo quen esqueceu o cepillo.

mércores, 12 de setembro de 2012

De volta ao cole...



As súas caras reflexan a alegría e a ilusión do primeiro día de clase. Queda un novo curso por diante para compartir moitos momentos.
BENVIDOS!!

domingo, 9 de setembro de 2012

Un novo curso

Os profesores e profesoras do Centro queremos saudar a toda a comunidade educativa e aos veciños e veciñas neste novo curso escolar. Levamos unha semana traballando para que o día 12 comecen as clases con normalidade.

A profesora de 1º de Ed. Infantil (3 anos) manterá unha reunión coas nais/pais dos nenos/as o luns día 10 ás 10:00
As titoras do resto dos cursos comunicarán no seu momento a data das reunións de inicio de curso.
As clases comezarán o día 12 en horario habitual, de 9:30 a 14:30.

venres, 22 de xuño de 2012

Chegaron as vacacións!


Hoxe celebramos no cole a festa fin de curso!  
A partir das 10 da mañá participamos todos e todas no xogo da busca do tesouro. Repartímonos en 11 grupos, todos mesturados, de xeito que en cada grupo había nenos e nenas de todos os cursos de educación primaria. Cada grupo tiña o nome dun conto. 
Cada mestre/a organizouse nun recuncho do cole e propuxo un xogo cooperativo, polo que tiñan que ir pasando un detrás doutro todos os grupos. Cando concluían o xogo o mestre/a entregáballes unha peza dun puzzle.
 Unha vez que pasaron por todos os xogos, os grupos conseguían completar o puzzle. Nel indicábaselles o nome dun mestre/a, ao que debían buscar e pedirlle a pista para atopar o tesouro. A partires desa pista os nenos/as tiñan que atopar o tesouro que o mestre/a agochara previamente nalgures.

Os xogos cooperativos que fixemos, e dos que podemos ver as imaxes a seguir, foron: 
- Pelotón de transporte
- Cadeiras cooperativas
- Contos son
- O enredo
- O monstro
- Asentos musicais
- A bolsa máxica
- Camiño a cegas
- Pelota en cadena
- A salvo na illa
- Cadena humana

 
 


Ao rematar os xogos, compartimos unha abundante merendola para repoñer forzas.

Despois só quedou a despedida, dos amigos/as e dos profes... pero, agora toca disfrutar do verán, e xa pronto volveremos a vernos. ¡¡Felices vacacións!!

domingo, 17 de xuño de 2012

Unha festa moi completa

Como cada ano, e a punto de rematar o curso, a ANPA organizou a festa onde participaron todos os membros da comunidade educativa que así o desexaron. Foi moi completa porque tivemos a sorte de que tamén nos acompañou o tempo.
Pola mañá os nenos e as nenas, dende os máis pequenos ao maiores, participaron nos xogos. Arredor das 12:30 un breve descanso para tomar un refrixerio de froita fresca e repoñer forzas.
Chegou a hora do xantar de convivencia, o alumnado de 6º, convidado pola ANPA, e varias familias compartiron estes momentos no comedor do colexio.
A partir das 16:30 poidemos ver a exhibición das actividades físicas e musicais que os nenos e nenas prepararon ao longo de todo o curso.
Destacamos tamén a importante participación no concurso culinario tanto de nenos e nenas como de adultos.
Nesta presentación podedes ver algúns instantes desta agradable xornada.

venres, 15 de xuño de 2012

Manzaneda a gargalladas!!!








Os días 6, 7 e 8 de xuño fomos de excursión fin de etapa a Manzaneda. Acompañáronnos a nosa titora Ana e a nosa teacher Montse. Compartimos autobús cos alumnos e alumnas de 6º do colexio de San Roque. 







A media mañá fixemos unha parada para merendar no mosteiro máis antigo de Galicia, San Pedro de Rochas (Ourense). Nel había un maniquí que representaba un monxe benedictino, un neno da clase púxose detrás del, outros alumnos/as chamaron ós compañeiros/as e ás profes e deulles un susto.




Cando chegamos a Manzaneda, despois de almorzar, comezamos as actividades. A primeira delas foi os karts, onde Saúl “humillou” a Ana e a Montse adiantándoas mentres elas ían a velocidade “vertixinosa”.




En sendeirismo, subimos ata a cima de Cabeza de Manzaneda. Na baixada, facía moito vento, frío e chovía. Comezamos a comentar a roupa de abrigo que levabamos. Un compañeiro indicou que tiña un anorak e un “zorro polar” en lugar dun “forro polar”. A confusión de palabras foi moi divertida. 



Nos cabalos, Ana montou en Caramba, o máis vello. Tivo unha inesperada sorpresa, o cabalo de súpeto comezou a mexar e tirouse un peido. Jajajaja!! 

A primeira noite, cando viñemos da velada, un neno entrou no corredor e dixo que mirara unha aparición dun home cun pixama de raias ó final do mesmo. A consecuencia de todo isto foi que nos entrou un medo aterrador e algúns chegamos a pedir durmir acompañados/as das profes ou doutros compañeiros/as. 

A segunda noite, Jacob, Iván e Amable botáronse a durmir profundamente e pecharon a porta con chave deixando fóra a Xian e a Miguel. Estivemos petando unha hora e non abrían. Ana e Montse foron a recepción a pedir outra chave. Como non había ninguén, Ana tivo que saltar un valado e petar na ventá da habitación ás 2 da mañá. Por fin, espertou Iván e abriu a porta. Durmían como troncos!!!! 





Foi unha experiencia inesquecible. Gustaríanos moito repetila. 


 

luns, 4 de xuño de 2012

Noraboa campión!!

Queremos felicitar aos nenos e as nenas que participaron a pasada fin de semana no campionato galego de atletismo, especialmente a Teo, un neno de 2º de Primaria, que quedou campeón galego de 1 Km marcha na súa categoría (nados no 2004). NORABOA!
 

                                               Os compañeiros/as felicitan a Teo

mércores, 30 de maio de 2012

Tertulia literaria co alumnado de 6º curso

(Entrada publicada no blog Rizando o rizo: O pracer dunha tertulia mollada en chocolate)

O venres pasado celebramos unha tertulia literaria na biblioteca co alumnado de 6º curso de primaria e a súa profesora de lingua. Previamente lemos durante tres semanas o libro de Carmen Martin Gaite titulado "Caperucita en Manhattan".

A tertulia literaria deu comezo cunha introdución musical como recreación do ambiente desta obra, a partir dunha canción referenciada no libro: Parlami d'Amore Mariu, de Vittorio de Sica.

A partir de aí o debate centrouse en catro temas principais:

Primeiro, os alumnos e alumnas opinaron sobre se lles gustou a obra, sobre os seus puntos fortes e débiles...

En segundo lugar estableceron analoxías coa obra de Perrault: Carapuchiña vermella 

En terceiro lugar reconstruíron o argumento da obra entre todos e todas ao tempo que describían aos personaxes principais.

Por último, abordaron os temas principais tratados neste libro, en particular o tema da liberdade persoal.

Como epílogo, todos e todas compartimos un suculento almorzo, con chocolate quente e uns bolos e biscoitos que os propios alumnos/as trouxeron das súas casas.

Unha experiencia que merece a pena levar a cabo con máis frecuencia!!

Todo isto podemos velo nos 3 vídeos que seguen:

O primeiro arranca coa introdución e remata nas analoxías coa obra de Perrault.



 No segundo os alumnos/as reconstrúen o argumento da obra.



No último reflexionan sobre o tema da liberdade e... conclúen cun merecido almorzo!




xoves, 17 de maio de 2012

LIBROS Ó PATIO

COA CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E CO BO TEMPO QUE ACOMPAÑA DECIDIMOS SACAR NA NOSA HORA DE LER LIBROS Ó PATIO.




 



COMO PODEDES COMPROBAR XA SEXA SÓ OU ACOMPAÑADO, EN PEQUENO OU GRAN GRUPO, Á SOMBRA OU Ó SOL E CALQUERA QUE SEXA O ESPACIO......UN BO LIBRO SEMPRE MERECE A PENA.
AS FAMILIAS TAMÉN ESTIVERON CONVIDADAS A PARTICIPAR. UNHA EXPERIENCIA MOI, MOI ESPECIAL. GRACIÑAS POLA VOSA COMPAÑA.

mércores, 16 de maio de 2012

Na punta do pé

Onte celebramos a festa das Letras a ritmo da música de PESDELÁN. Dende os máis cativos aos maiores, incluído o profesorado, bailamos, cantamos e pasamos unha xornada moi agradable.



Os nenos e as nenas escriben:

O día 15 de maio bailamos uns bailes no patio. Os bailes chamábanse: A pulga de palla, O xogo da carrasquiña, O gharutiño, Caminho de Viseu, O baiao. Foi ás 12:50. O que máis nos gustou foi O gharutiño. Pasámolo moi ben.
Anxo e Xaime

O día 15 de maio na penúltima sesión bailamos catro cancións cos de 1º e Infantil. Paseino moi ben. O meu favorito foi O gharutiño, tamén me encantou O xogo da carrasquiña.
Joel

O día 15 no colexio de A Rúa organizaron uns bailes. Bailou todo o colexio, e tamén os profes. Nos divertimos moito.
Héctor

Onte a profe Laura organizou uns bailes no cole, bailamos todos. Un dos bailes foi Caminho de Viseu. Pasámolo moi ben.
Lúa e Mar

martes, 15 de maio de 2012

Educar na responsabilidade, charla de Carmen Loureiro


 Hoxe tivemos o pracer de compartir o noso tempo con Carmen Loureiro, excepcional comunicadora, que vén falarnos de cómo educar na responsabilidade aos nosos fillos e fillas. 

Educar é unha tarefa moi difícil. Poidemos ver o exemplo visual dunhas pinguiñas de auga insertadas nun fío de coser despois de seren atravesadas por unha agulla. A probabilidade de que as pinguiñas se desfagan é moi alta.

(Imaxe tomada de http://danzandoencasasolaydescalza.blogspot.com.es/2011/05/el-collar-imposible.html)

Educar é unha tarefa case imposible se non unimos todos as nosas forzas: a familia e a escola. Seguro que as dificultades aparecen cando o pai e a nai non se poñen de acordo no xeito de educar, pero estas acentúanse se ademais non fan piña cos mestres dos seus fillos/as. De aquí nace a importancia de manter unha boa relación e unha comunicación moi fluída entre pais e mestres.

Carmen falounos da pirámide das necesidades, baseada en Maslow, un psicólogo de corte humanista. Existen 5 tipos de necesidades básicas:
as fisiolóxicas (do corpo para alimentarse e estar san), 
as necesidades de seguridade,
as de amor e pertenza,
as de autoestima, e
as de autorrealización.

 (Imaxe tomada en http://proyeccion.blogspot.es/1254454320/)

 Comezando polo nivel máis básico, se algún destes niveis non se atopa cuberto, as enerxías da persoa céntranse nel e impídennos seguir crecendo e cubrir as necesidades máis altas. Se unha persoa non se alimenta o suficiente, estará centrada en buscar comida e malamente poderá atender os outros tipos de necesidades. 

Pero temos que ter coidado, pois os excesos tamén teñen inconvenientes, e a virtude está no equilibrio. A sobrealimentación leva á obesidade, o exceso de seguridade leva ao sobreproteccionismo e impide crecer e adquirir autonomía propia, co exceso de amor e pertenza sucede outro tanto, con reforzar excesivamente a autoestima conseguimos persoas engreídas.

Educar na responsabilidade significa formar persoas conscientes dos seus dereitos pero tamén dos seus deberes.  Persoas con condutas asertivas, é dicir, nin pasivas nin agresivas, nin que agachen a cabeza para dicir si a todo, nin tampouco que anden polo mundo humillando a todo aquel que atopan por diante. Ser asertivo significa saber defender os dereitos propios respectando ao mesmo tempo os dereitos dos demais. (Ver aquí para ampliar esta información)

Outra parte da charla foi dedicada á xestión dos conflitos. Diante dun conflito, o peor que podemos facer é discutir co noso fillo/a e tratar de impoñer a nosa visión "en quente". A conduta máis prudente é utilizar a técnica do semáforo: estará vermello cando esteamos nerviosos/as, e nese momento o mellor é non facer nada e calmarnos, retirándonos da escena, e invitando ao noso fillo/a a "pensar" nun lugar tranquilo. O semáforo poñerase verde cando uns minutos despois (se o neno/a é cativo) esteamos máis calmados e poidamos dialogar sen a interferencia das emocións intensas. Debemos ter sempre en mente que nós somos un modelo que os nosos fillos/as imitan e do que en consecuencia aprenden. (Ver aquí para ampliar a información )

Na hora de educar podemos distinguir catro tipos básicos de estilos parentais
Autoritario
Indulxente ou permisivo
Neglixente
Autorizativo

O estilo máis aconsellable é o autorizativo, mediante o cal o fillo/a aprende a aceptar a autoridade dos pais porque está baseada no respecto, no diálogo pero tamén no control. No estilo autoritario os pais impoñen directamente o seu parecer, mentres que nos estilos permisivos ou neglixentes, ou ben deixan facer ou ben desenténdense de todo.

(Recollido en http://reme.uji.es/articulos/numero32/article2/texto.html)

E como colofón, reproducimos a Carta dun neno aos seus pais, que Carmen nos invitou a ler, e que sen dúbida, nos axuda a reflexionar sobre o significado de educar.

Cando ti crías que eu non miraba...
vin que colgabas a miña primeira pintura na neveira
e inmediatamente quixen pintar outra.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que poñías alimento no plato do gato
e aprendín que era bo ser amable cos animais.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que facías a miña tarta favorita
e aprendín que as cousas pequenas
poden ser especiais na vida.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que facías a comida e lla levabas a un amigo enfermo
e aprendín que todos temos que axudar a coidar a outros.
Cando ti crías que eu non miraba...
Vin como regalabas o teu tempo e o teu diñeiro
para axudar á xente que nada tiña...
e aprendín que os que teñen "algo",
deben compartir cos que non teñen nada.
Cando ti crías que eu non miraba...
sentín o teu bico antes de deitarme
e sentinme amado e seguro.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin que coidabas da nosa casa e de todos dentro dela
e aprendín a coidar o que nos foi dado.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin como cumprías coas túas responsabilidades
aínda que non te sentiras moi ben
e aprendín que tería que ser responsable cando medrase.
Cando ti crías que eu non miraba...
vin saír bágoas dos teus ollos
e aprendín que ás veces as cousas doen
pero está ben chorar.
Cando ti crías que eu non miraba ...MIÑA NAI
aprendín a maioría das leccións da vida
que necesito saber para ser unha boa persoa
cando medre.
Cando ti crías que eu non miraba...
Mireite e quería dicir:
GRAZAS por tódalas cousas que aprendín
CANDO TI CRÍAS QUE EU NON MIRABA

Grazas a Carmen Loureiro :-)

xoves, 10 de maio de 2012

O circo dos olvidados

Hoxe tivemos a sorte de asistir á primeira representación da obra de teatro "O circo dos olvidados". Correu a cargo do grupo ATRAPATEATRO. Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos con afán e sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena, da música... 
Cando rematou, todos aplaudimos a rabiar, ninguén quería marchar.
Só o alumnado de 4º tivo a oportunidade de ensaiar uns cantos números de circo no patio do colexio tendo como monitores aos actores e actrices, ¡¡que sorte!!
Queremos felicitar a todas as persoas que fixeron posible esta magnífica representación. 
Noraboa e moitas grazas.



mércores, 9 de maio de 2012

luns, 7 de maio de 2012

Charla para as familias do alumnado

Convidamos ás familias do alumnado á charla "Educando na responsabilidade" que terá lugar o luns 14 de maio ás 17:30 na Biblioteca do colexio.
 A relatora será Carmen Loureiro, profesora con ampla experiencia no campo educativo, ponente en actividades de formación do profesorado. Participou en diversas publicacións, entre elas podemos destacar Medrando sans.

Hai dous cursos que xa estivo connosco e deunos unha conferencia que nos gustou moito, que levaba por título "Como estimular a curiosidade e a aprendizaxe nos nosos fillos e fillas"Neste enlace temos un resumo daquela conferencia.

martes, 24 de abril de 2012

TEATRO EN INGLÉS....

FOMOS Ó AUDITORIO PARA VER ESTA OBRA TEATRAL. GUSTOUNOS MOITO MOITO. SE QUEREDES VER UNHA PEQUENA SECUENCIA DA MESMA VISITADE O RECANTO DE RONI.

mércores, 18 de abril de 2012

II CANTO RIMOS!



Este é o segundo ano que celebramos o maratón de chistes CANTO RIMOS! Como podedes ler no cartel que elaboraron os nenos/as de Infantil 5 A, o xoves será o alumnado de Infantil e 1º Ciclo os que nos facerán pasar un rato moi divertido. O  venres será o alumnado de 2º e 3º Ciclo os que se partirán de risa.

PARTICIPADE!, podemos dicir que será unha boa terapia anticrisis.

Nace a revista ComunidadE

No mes de marzo viu a luz un novo proxecto no concello de Cangas, a publicación online dunha nova revista orientada á toda a comunidade educativa do concello: centros educativos, alumnado, familias, ANPAS, servizos sociais e educativos do concello, etc. 

Xa levan publicados tres números, un en marzo e dous en Abril (un deles de carácter especial). A súa pretensión é publicar un número mensualmente. Os responsables da publicación queren conseguir o máximo apoio e respaldo da comunidade educativa para que participen na revista enviando materiais para a súa publicación. Ademais destes contidos tamén inclúen seccións específicas dedicadas á informática ou á cociña, dúas das actividades máis demandadas ás ANPAs.

Ver o seu blog e as revistas xa publicadas pinchando na imaxe.

domingo, 15 de abril de 2012

Oli vén ao noso cole


O xoves día 12 de Abril compartimos un rato moi agradable con Oli, o escritor de Cangas que ten un feixe de contos publicados e que viu explicarnos algúns segredos dos seus libros e do seu traballo.

 Nós contámoslle que lemos moitos dos seus contos, que os volvemos refacer, adaptámolos ao noso xeito, ilustrámolos cos nosos debuxos e encadernámolos, e que fixemos monecos cos seus personaxes, e máis cousas.

 Os contos de Oli que traballamos, e sobre o que el nos falou son:

 - Once damas atrevidas
 - O pirata pata de lata
 - Leocadio o león
 - Aníbal quere encoller
 - Iria e a lúa
 - Conto para non comer
- Un problema grande
 - O poliño Arthur

 As fotos podedes velas no blog MARCHOSOS DO MEDIO

Pinchando aquí podesdes ler a resposta de Oli a unha das preguntas dun alumno de 5º.

0 comentarios

venres, 13 de abril de 2012

DON QUIJOTE DE LA MANCHA


EN LA CLASE DE 1º ESTAMOS LEYENDO EL LIBRO DE DON QUIJOTE DE LA MANCHA, CON AYUDA DE NUESTRAS FAMILIAS BUSCAMOS INFORMACIÓN DE SU AUTOR.
DON MIGUEL DE CERVANTES ES EL AUTOR DE LA NOVELA “EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA”
NACIÓ EN ALCALÁ DE HENARES (MADRID) EN EL AÑO 1547.
FUE SOLDADO, PARTICIPÓ EN LA BATALLA DE LEPANTO Y LE HIRIERON EN UNA MANO POR ESO LE LLAMARON “MANCO DE LEPANTO”.
PASÓ CINCO AÑOS EN CAUTIVERIO, INTENTÓ ESCAPARSE CUATRO VECES.
EL QUIJOTE LO ESCRIBIÓ SOLO CON UNA MANO.
ESCRIBIÓ NOVELAS, POESÍA Y TEATRO.
ALGUNAS DE SUS OBRAS:
· RINCONETE Y CORTADILLO
· LA GITANILLA
· LA ILUSTRE FREGONA
·
SE CASÓ CON CATALINA DE SALAZAR.
MURIÓ EN MADRID EL 23 DE ABRIL DEL AÑO 1616. AHORA EL 23 DE ABRIL ES EL DÍA DEL LIBRO PORQUE TAMBIÉN MURIÓ OTRO ESCRITOR IMPORTANTE.

xoves, 22 de marzo de 2012

Día mundial da auga

O día 22 de marzo de cada ano celébrase "O día mundial da auga"
"Este día Mundial del Agua es una llamada de acción. Debemos aunar esfuerzos desde hoy mismo para garantizar a todos los ciudadanos del mundo, ahora y en el futuro, el suministro de agua potable y alimentos"
Irina Bokova, Directora General de la UNESCO
Para ler máis pincha na imaxe

luns, 19 de marzo de 2012

Visita ao IES de Rodeira, martes día 20 de marzo ás 18:00 horas


  Este martes, día 20 de marzo, ás 18:00 horas (e non ás 17:30 como estaba en principio previsto), haberá unha visita guiada ao Instituto de Rodeira, dirixida ás familias do alumnado que cursa este ano 6º de primaria e que o ano próximo vai estar en 1º curso de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria).  O equipo directivo do centro e o departamento de orientación acompañarannos nunha visita guiada polas dependencias do centro e responderán ás nosas dúbidas.

Pinchando na imaxe accédese á web do IES de Rodeira, onde atoparás información xeral sobre o centro.

No seguinte enlace do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso, de Marín, tes información detallada sobre a etapa da ESO: En que consiste esta etapa, Que duración ten, Que materias se imparten en 1º e 2º cursos da ESO, cales son os criterios de promoción de curso, etc.

 

martes, 13 de marzo de 2012

MERCADIÑO DE 6º NO CROSS A RÚA

Inauguramos o vindeiro domingo 18 de marzo coincidindo co Cross do colexio o magnífico MERCADIÑO de 6º. Temos de todo: bicis, libros, xogos da play, menaxe de fogar, roupa, gafas, puzzles...e moito máis. Os beneficios serán para a nosa excursión de fin de etapa a Manzaneda.

A prezos de loucura nesta oferta de apertura!!
Acudide, non volo perdades!!!

Este é o noso estupendo catálogo: 

xoves, 8 de marzo de 2012

8 de marzo, DIA DA MULLER...

OS ALUMNOS/AS DE 6º ELABORARON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN EMPREGANDO OS FONDOS DA NOSA BIBLIOTECA.


VISITA O NOSO BLOG E VERÁS ESTE FANTÁSTICO TRABALLO. NORABOA PARA A CLASE!!!.

venres, 2 de marzo de 2012

3º CROSS ESCOLAR CEIP A RÚA

III CROSS ESCOLAR C.E.I.P. A RÚA

A Asociación de Nais e Pais do Ceip A Rúa, coa colaboración do Clube de Atletismo Vila de Cangas e o propio centro, pon no seu coñecemento que o vindeiro día 18 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o noso 3º Cross Escolar.
É por este motivo polo que temos o pracer de convidar a tódolos alumnos e alumnas do seu colexio a participar nas diferentes probas descritas a continuación:

CATEGORÍAS
ANO DE NACEMENTO
PITUFOS 3, 4 E 5 ANOS
2008, 2007 e 2006
MINIBENXAMÍN
2005 e 2004
BENXAMÍN
2003 e 2002
ALEVÍN
2001 e 2000
EX-ALUMNOS CEIP A RÚA cursando ESO
1999, 98, 97 e 96
PAIS E NAIS



DORSAIS
Cada delegado encargarase de facer e repartir os dorsais coa suficiente antelación, usarase o mesmo nº de dorsal para todos os participantes do mesmo centro.
No dorsal poráse o nº e categoría, nome do nen@ e colexio.

RELACION DE DORSAIS POR ORDE ALFABETICO
1
CEIP A GUÍA
2
CEIP A PEDRA-BUEU
3
CEIP A RÚA
4
CEIP CASTRILLÓN
5
CEIP DA LAXE
6
CEIP DA TORRE-CELA
7
CEIP DE ABELENDO
8
CEIP DE ARDAN
9
CEIP DE CANGAS-NAZARET
10
CEIP DE QUINTELA
11
CEIP DE REIBÓN
12
CEIP DE SEARA
13
CEIP DE SEIXO
14
CEIP DE SEQUELO-MARIN
15
CEIP DO CARBALLAL
16
CEIP DO HÍO
17
CEIP DOMAIO
18
CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN
19
CEIP MONTEMOGOS
20
CEIP SAN ROQUE
21
CEIP TIRAN
22
CEP RIOMAIOR
23
CPR CASA DE LA VIRGEN
24
CPR COMPAÑÍA DE MARÍA
25
CPR EDUARDO PONDAL
26
CPR LA INMACULADA
27
CPR SAGRADA FAMILIA
28
CPR SAN NARCISO
29
CPR VIRGEN MILAGROSA

INSCRIPCIÓNS
A inscripción poderase facer vía fax no 986303918 ou vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ata o día 13 de marzo ás 12:00h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS.
Rogamos notifiquen na inscripción se o nen@ ten algún tipo de alerxia alimentaria, os nen@s que teñan algunha alerxia terán que decir o seu nome na recollida da merenda. Para facilitar a nosa labor agradeceriamoslles que a inscripción fose vía e-mail. Ver folla de inscripción anexa na páxina seguinte.

ORDE DE PROBAS
HORA
CATEGORÍA
DISTANCIA
10:30:00
ALEVÍN FEMININO




ALEVÍN MASCULINO




BENXAMÍN FEMININO




BENXAMÍN MASCULINO




MINIBENXAMÍN FEMININO




MINIBENXAMÍN MASCULINO




PITUFAS 5 ANOS




PITUFOS 5 ANOS




PITUFAS 4 ANOS




PITUFOS 4 ANOS




PITUFAS 3 ANOS




PITUFOS 3 ANOS




EX-ALUMNAS I EX-ALUMNOS




NAIS E PAIS



Agradecendo de anteman a súa atención, quedamos á espera das súas novas.

Atentamente saúdalles

ANPA DO CEIP A RÚA