Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

luns, 30 de xaneiro de 2012

Paraugas pola PAZ

 
Hoxe celebramos un breve acto sumándonos ao proxecto artístico mundial "Paraugas pola Paz" de Matt Lamb. Consistiu nunha concentración de todo o alumnado e profesorado no patio cos paraugas que previamente se decoraron en cada aula e cos que trouxeron da casa decorados coa axuda das familias.
Os nenos e as nenas recitaron poemas e corearon frases e palabras que amosan valores nos que cremos e que contribúen a construír un mundo mellor.
Ás familias queremos dicirlle GRAZAS porque sempre estades dispostas a colaborar.

luns, 23 de xaneiro de 2012

Oli visita a nosa biblioteca

O DÍA 19, OLI CHEGOU A NOSA BIBLIO PARA CONTARNOS EN PRIMICIA...ARTUR. COMEZOU POR ENSINARNOS UNHA CAIXIÑA DE MÚSICA QUE SERVIU PARA FACER A SÚA PRESENTACIÓN E CREAR UN AMBIENTE MOI MÁXICO....
ALUMNOS/AS E MESTRAS ESTÁBAMOS PREPARADIÑOS PARA ESCOITAR A OLI. TRAÍA UNHA MALETIÑA MOI MISTERIOSA.

 
 PRESENTOUNOS A ARTUR, PIRATA PATA DE LATA, ONCE DAMAS ATREVIDAS...FACENDO UNHA PEQUENA HISTORIA A MODO DE INTRODUCCIÓN, NA QUE ARTUR ERA O PROTAGONISTA. TODOS VIÑAN GARDADIÑOS NA SÚA MALETA  E SORPRENDEUNOS A TODOS CON TANTA ILUSIÓN COMO ESPERTOU.
E COMEZOU CO ESPERADO ARTUR. GUSTOUNOS MOITO A SÚA ARTE DE CONTAR.
ATENDENDO AS NOSAS PETICIÓNS, LEUNOS O PIRATA PATA DE LATA QUE TANTO NOS GUSTA.
Ó FINAL, OLI ADICOUNOS UN MOMENTIÑO PARA ASINARNOS OS SEUS LIBROS. 
A VERDADE É QUE NOS ESCRIBIU COUSIÑAS MOI, MOI BONITAS.

Publicado no Recanto de Roni

mércores, 11 de xaneiro de 2012

Propostas para celebrar o día da Paz

Paraugas pola Paz (Entrada recollida na web do Seminario Galego de Educación para a Paz)

 



Paraugas pola Paz
Proposta do Colexio de Vite, de Santiago de Compostela, para o Día Escolar pola Paz.


 

 

Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)

 

Proxecto artístico internacional (Paz mundial). Mensaxe de paz a través da arte.
Pintarase un paraugas por aula e farase a exposición e o desfile polo colexio cos paraugas decorados o 30 xaneiro do 2012.
O paraugas como metáfora de protección. A parte superior (que é a que se pinta) simboliza a vivenda e a parte interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.
Pode a arte cambiar o mundo? Absolutamente! (Matt Lamb)

 
(Pincha na imaxe para obter máis información)










 Ver nos seguintes blogs para obter máis ideas de como elaborar os paraugas:

Lerias de Vite
CEIP de Vite I

Imaxes en Google "Paraguas por la paz" 
A paz é o camiño... (Blog de Manuel Dios Diz)