Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

luns, 30 de xaneiro de 2012

Paraugas pola PAZ

 
Hoxe celebramos un breve acto sumándonos ao proxecto artístico mundial "Paraugas pola Paz" de Matt Lamb. Consistiu nunha concentración de todo o alumnado e profesorado no patio cos paraugas que previamente se decoraron en cada aula e cos que trouxeron da casa decorados coa axuda das familias.
Os nenos e as nenas recitaron poemas e corearon frases e palabras que amosan valores nos que cremos e que contribúen a construír un mundo mellor.
Ás familias queremos dicirlle GRAZAS porque sempre estades dispostas a colaborar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario