Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

mércores, 22 de maio de 2013

Versos de vento

O martes día 21 o grupo TEATRAPA TEATRO, formado por alumnos e alumnas do centro "Juan XXIII", representou esta obra baseada nun texto poético de Vicente Huidobro.
Formidable a interpretación,  o vestuario, o maquillaxe, a posta en escena, a música..., pasamos un rato moi agradable.
Noraboa ás actrices, aos actores e aos profesionais que fixeron posible este acto.



martes, 21 de maio de 2013

Os nosos atletas

Os atletas que participaron no cross de Riomaior o pasado 19 de maio acadaron un magnífico terceiro posto por equipos para o noso cole. Noraboa a todos e todas.

                           Nesta foto podemos ver a tres dos atletas.

xoves, 16 de maio de 2013

Caraporquiña Vermella

Para celebrar o día das letras galegas de xeito especial, contamos coa representación desta obra de teatro na biblioteca do cole a cargo de Xan Pérez. Fíxonos pasar un bo rato narrando as aventuras de Caraporquiña Vermella. Pequenos e grandes disfrutamos con todos os seus personaxes: Porca, Caraporca, o lobo acatarrado...


sábado, 11 de maio de 2013

Un concerto de luxo

CLARA PINO E A MAXIA DA ARPA

Entrada publicada no blog "A banda do Cole"

OS NENOS/AS DE PRIMEIRO CONTAN...



Aquí tedes unhas fotos  que amosan distintos momentos do concerto




Clara amosa os seu tesouro

Os peques non perderon detalle

As profes contan que foi emocionante

Os máis pequeniños foron arpistas por un día!!!



E os maiores dixeron que estarían toda a mañá escoitando e falando con Clara

Só queda dicir:GRAZAS CLARA POR COMPARTIR O TEU TESOURO, FOI UN LUXO!!!

venres, 10 de maio de 2013

A nosa horta

Agora que deixou de chover xa podemos entrar na horta que con tanto esmero prepararon María e Rosa (familiares de May). Esta mañá os nenos/as da clase de 5 anos e a súa profe estiveron decorando a parte central con adoquíns e plantando arómaticas.