Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

luns, 20 de abril de 2020

CARTA DE RONI SEMANA DO LIBRO


Ola familias, son Roni. 

Como sempre e antes de nada espero que esteades todos/as ben. Eu estou ben e sigo coidando do cole, non vos preocupedes!!!
Quería celebrar con vós a Semana do Libro, nesta ocasión máis que nunca, xa que non podemos estar xuntos e os libros e a lectura sempre nos unen.
A miña proposta é que durante esta semana atopedes un intre para xuntarvos todos arredor dun conto e viaxedes xuntos/as.



A lectura pode ser realizada polo adulto ou ser o neno/a quen lea para a súa familia.
Tamén vos anímo a enviarme, ao correo da Biblioteca, que achego ao final desta carta, fotos ou videos do momento da lectura compartida en familia. E así crear unha liña de palabras que fagan a distancia máis curta.
O correo da Biblioteca é: biblioteca.arua@gmail.com
Nota: No correo que mandedes a Roni contarlle si queredes que as vosas fotos ou videos sexan publicados no Blog do cole.

Ningún comentario:

Publicar un comentario