Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 19 de decembro de 2008

Felicitación do Nadal do CEIP A Rúa


A Comunidade Educativa do CEIP A Rúa quere desexar un Bo Nadal e un Próspero Aninovo 2009 a todos/as aqueles/as que coas súas mans, os seus afectos, as súas palabras... contribúen a que a nosa escola sexa un lugar de encontro e de convivencia cidadá.

Add ceiparua's channel to your page

Os Reis Magos visitaron o cole

Hoxe pola mañá os Reis Magos, Gaspar, Melchor e Baltasar visitaron aos nenos e nenas de educación infantil e de primeiro e segundo cursos de primaria. Víñanche ben guapos, cos seus mantos reais, os seus cofres e as súas coroas.



Pasaron polas aulas saúdando a todos os nenos e comprobando que se portaron ben este ano. Logo da sorpresa inicial, os Reis falaron con cada neno e recolleron as cartas que estes escribiran cos seus desexos e gardáronas no seu saco.



E non quedou ninguén sen probar os doces caramelos que trouxeron os Reis nos seus cofres reais.

Agora só queda esperar que os Reis atopen eses regalos para que volos poidan deixar nas vosas casas! Sorte a todos e a todas!

Despois de marchar os Reis aínda seguimos coa festa, e bailamos e comemos lambonadas a fartar!

mércores, 17 de decembro de 2008

A aula de 3 anos deséxavos un Bo Nadal





Somos a clase dos peixiños, por iso felicitámosvos o Nadal cunha árbore tan orixinal.

luns, 15 de decembro de 2008

Xa agromaron os chícharos!!!


¡Os nenos e nenas de 5 anos estamos moi ilusionados/as! :-)




En novembro sementamos chícharos. Choveu, ventou, sarabiou, saíu o sol...e, por fin, agromaron.

Traballamos na horta do cole

ESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL ENCARGÁMONOS DE COIDAR A HORTA DO COLE. PLANTAMOS ACELGAS, REPOLOS, LEITUGAS, CHÍCHAROS, CEBOLAS, ALLOS PORROS, ESPINACAS, MENTA... QUEREMOS QUE VISITEDES A NOSA HORTA E, SE QUEREDES, TEMOS SITIO PARA QUE COLABOREDES E PARA QUE PLANTEDES ALGO MÁIS.


Visita ao museo da Fundación Pedro Barrié de la Maza





O PASADO MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO, OS NENOS/AS DE 4 E 5 ANOS ESTIVEMOS EN VIGO VISITANDO A EXPOSICIÓN SOBRE O FOTÓGRAFO PAUL STRAND QUE PRESENTABA A FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA.

NA EXPOSICIÓN, ADEMAIS DE ADMIRAR MOITAS FOTOGRAFÍAS DESTE AUTOR, DESCUBRIMOS COMO ERAN AS CÁMARAS DE FOTOS ANTIGAS E COMO SE FACÍA O PROCESO DO REVELADO. TAMÉN FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA NA QUE DESPOIS DE PINTAR SOBRE UNHA PLACA DE CRISTAL, REVELAMOS OS NOSOS DEBUXOS E TROUXEMOS PARA A CASA AS NOSAS FOTOGRAFÍAS NUN PEQUENO “PORTARRETRATOS” FEITO POR NÓS.

FOI UNHA MAÑÁ MOI ENTRETIDA, NA QUE PUIDEMOS APRENDER COUSAS INTERESANTES.

domingo, 14 de decembro de 2008

Xogamos a soprar nas aulas de Educación Infantil

Tódalas semanas facemos xogos de estimulación
da linguaxe oral nas aulas de educación infantil.
Esta é unha actividade moi ben acollida polos
rapaces e rapazas das tres aulas.
Esta presentación fíxose na clase dos leóns de
cinco anos (que reciben a miña visita os mércores).
Soprabamos, con pallas de plástico, papeis con
forma de folla de árbore, e logo aspirando cara dentro,
tiñan que trasladar a folla dunha mesa ata a outra.
Espero que vos guste, eles o pasan xenial!

venres, 12 de decembro de 2008

EXPOSICIÓN SOBRE ESPECIES MARIÑAS

O martes, 16 de decembro de 2008 as 17 h., farase una exposición e presentación de animais mariños, para nais e pais d@s alumn@s, na Biblioteca do CEIP “A RÚA” feita polos nen@s de Quinto Curso.

Os días 17 e 18, faremos a presentación para os demais cursos do Colexio.

Haberá moita variedade de cunchas, equinodermos, etc., e información sobre todos eles.

Nós esforzámonos moito para sabermos máis e agora querémolo ensinar.

Aos que o vexan agardamos que lles guste.

Aula de 5º E.P.

APRENDEMOS A UTILIZAR A CINTA MÉTRICA



A CINTA MÉTRICA É UNHA TIRA QUE SIRVE PARA MEDIR . TEN NÚMEROS , EMPEZA POLO NÚMERO : 1 E REMATA NO NÚMERO: 150 . MIDE EN CENTÍMETROS .

PARA SABER COMO SE EMPREGABA , MEDIMOS POR PARELLAS AS MESAS DE CLASE . MEDIMOS AO LONGO E AO ANCHO , COLOCANDO A CINTA DUN LADO AO OUTRO DA MESA E DESPOIS ANOTANDO O RESULTADO NUN PAPEL.

AINDA QUE O RESULTADO NON FOI O MESMO EN TÓDALAS PARELLAS COMPROBAMOS QUE AS MESAS MEDÍAN :
LONGO : 120 CENTÍMETROS
ANCHO : 100 CENTÍMETROS
POLO TANTO AS MESAS MIDEN MÁIS DE LONGO QUE DE ANCHO .

A importancia de comunicarse (Historia dun letreiro)

Invítovos a ver este fermoso vídeo que nos transmite a importancia das palabras na comunicación persoal.
Esta curtametraxe foi premiada no festival de Cannes deste ano.

xoves, 11 de decembro de 2008

EU SON RONI


OLA!!!
¿QUE TAL ESTADES?
XA ESTOU AQUÍ.
EU SON RONI, O TUNEADOR DE LIBROS DA BIBLIOTECA DO COLE DA RÚA.
ESTADE ATENTOS E ATENTAS AO MEU BLOGUE QUE IRÁN SAÍNDO COUSAS MOI INTERESANTES.
AGÁRDOVOS POR AQUÍ.
DEICA LOGO!

AS NOVAS DE "A RÚA"


Xa estreamos o Panel de Noticias neste curso 2008-2009.
Se vos achegades, poderedes disfrutar das novas preparadas polos alumn@s.
A clase de 5 anos, cóntanos o estoupido dun coche bomba, os de Primeiro falan dun gran trasatlántico e os de Segundo dun ordenador fantástico.
Os de Terceiro elaboraron novas sobre Obama, a Selección Galega de Fútbol, un premio literario e a reunión de representantes de alumnos. Os de Cuarto narran, con todo luxo de detalles, a súa excursión a Pontevedra.
Que queredes saber máis?
Pois veña, ao Panel!!!

martes, 9 de decembro de 2008

SAÍDA AO AUDITORIO

O venres 21 do mes de Novembro de 2008, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º do Colexio “A RÚA” asistimos a unha actuación de música no Auditorio titulada: CUARTETO D-VERTIDO.
Saímos sobre as 12:00, cando chegaron os autobuses a recollernos.
Na actuación, participaban 4 músicos: Susana, que tocaba o violoncello, Iago un teclado, Alfonso un violín e o outro Alfonso un violín electrónico, que nos amosaron o importante da música.
Comezaron presentándonos os instrumentos e diferentes formas de tocalos: pizzicato, saltón, saltillo, largueto, martelé... Mentres tocaban esas formas, tamén tocaban cancións.
Os violíns e os cellos teñen 4 cordas. O pau co que vemos tocar chámase arco, ten uns pelos de crin de cabalo que son brancos pola resina.
Tocaron música de terror cun anaco de películas de Harry Potter, e outras alegres de Charlot, de Bethoven e Mozart. Tocaron o Himno da Alegría, primeiro só co cello, despois co cello e o violín, logo co cello, o violín e o teclado e finalmente co cello, os dous violíns e o teclado.
Despois saíron 13 nenos/as para facer que tocaban violíns e cellos, mentres os que actuaban tocaban por detrás. Tamén fixeron outro xogo no que, se tocaban alegre sorrían e bailaban, se a música era triste eran caras tristes e os nenos quietos.
Polo medio das actuacións aproveitaron para facer parvadas.
Tocaron a música da canción de “Un elefante se balanceaba, sobre a tea dunha araña...” mentres nós aplaudiamos, cantabamos, bailabamos e ata saltabamos.
Para despedirnos puxeron imaxes e tocaron a canción de Sinh Chan e nós cantamos, tamén pasou cos Simpsons.
Cando todos se foron menos nós, deixáronnos aos de 5º e aos de 6º tocar algúns instrumentos.
¡Foron moi amables; deixáronnos tocar os instrumentos!
¡Esta excursión foi a única deste trimestre!
Nenas e nenos de 5º

.

xoves, 4 de decembro de 2008

Reunión de representantes das aulas


Noticia redactada polos alumnos/as de 3º de Primaria


:-) Para ollar a imaxe a tamaño máis grande, pincha nela!!