Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

domingo, 26 de abril de 2009

Visita dun apicultor á clase de 1º









O martes, Xose, o apicultor, veu á clase de 1º contarnos cousas das abellas.
Tróuxonos mel, unha colmea, unha rasqueta, un afumador e un traxe de apicultor.


















Fixémoslle catorce preguntas.













Contounos que as abellas facían panais con cera e tamén fabricaban o mel na colmea.


Cando as abellas collen o pole lévano nas patas nunha especie de cestiña.












Deixounos poñer o seu traxe de apicultor que era
branco porque as cores escuras poñían nerviosas ás abellas e podían picarlle máis.














O fume que facía co afumador serve para tranquilizar ás abellas e así poden coller o mel.














Tamén nos falou da vida das abellas, que se pelexan entre elas.
As abellas teñen veleno e se cravan o aguillón non o poden sacar porque ten forma de arpón e morren porque se lle rompe un cacho da barriga.


Autores/as da información:
Nenos e nenas de 1º de Primaria



Sabes que as abellas son artrópodos?!
Se queres acompañarnos e aprender máis sobre outros artrópodos,

PINCHA NA FOTO.



sábado, 18 de abril de 2009

Inauguramos a sección ARTE NA RÚA

Ola a todos e todas!
Como sabemos que vos gusta moito a Arte, estades de noraboa!!

Hoxe inauguramos no noso superblog a sección:


Achegarémonos á vida e á obra dalgúns artistas importantes e tamén vos recomendaremos enlaces interesantes para que os visitedes.

Comezamos esta primeira entrega con Picasso, un dos artistas españois máis universais.

Falaremos dos cadros onde aparece Sylvette, unha das súas musas.

P
ICA
SSO E SYLVETTE

A tímida Sylvette tiña moitos segredos.
Durante anos soñou converterse nunha artista.

Un día de verán, Picasso, o máis famoso pintor e escultor do mundo, foi ó pobo onde vivía Sylvette.
Para o seu asombro, escolleuna para que fose o seu modelo.
Axiña, as pinturas da tímida moza con cola de cabalo foron coñecidas en todo o mundo.
Picasso foi un bo amigo para Sylvette, e coa súa axuda comezou a realizar os seus soños.
Reseña do libro "Picasso e Sylvette",
escrito por Laurence Anholt, Editorial Serres, Barcelona 1998



P
ICA
SSO, vida e obra

Este Proxecto, onde se conta a vida e obra de Picasso, foi elaborado en Educación Infantil 4 anos polos alumnos e alumnas que neste intre cursan 4º de Primaria. Como vedes, xa daquela eran moi espilidos/as. Un bico a todos e todas eles/elas.








PICASSO, pinta a SYLVETTE










O primeiro debuxo foi lento e detallado,
un delicado estudo a lápis.















O segundo foi máis grande, Sylvette sempre inmóbil e nerviosa como un cervo salvaxe.













Despois, Picasso empezou a traballar máis e máis a présa. Os debuxos eran máis grandes e máis estranos.









¿Queres ver outros retratos de Picasso?






Para debuxar como Picasso, preme na imaxe:

Charla sobre primeiros auxilios en accidentes infantís


Achegádevos á biblioteca do cole este martes ás 17:30!!!


A nai de Andrea (1º), María Jesús Parcero Germade, auxiliar de enfermería de profesión, ensinaranos como actuar correctamente en caso de que os vosos fillos/as teñan un accidente.
Esperámosvos!!!

Para ir abrindo boca, deixámosvos con TOLO, un gato curioso e moi desobediente, as súas trasnadas créanlle máis dun problema...


E POR QUE?

Un Programa Educativo para a prevención de accidentes infantís.

Preme na imaxe e poderás entrar nel.


Outros enlaces de interese:

Cruz vermella, "O xogo dos primeiros auxilios"
Reanimación cardiopulmonar en nenos/as (RCP)

xoves, 16 de abril de 2009

As competencias básicas: repensando a práctica educativa

Presentación elaborada por Tomás Sánchez Iniesta:



Recollido do blog Maestrolandia

mércores, 1 de abril de 2009

2009, ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA


Co Ano Internacional da Astronomía (AIA 2009) celebramos o primeiro uso astronómico do telescopio por Galileo.

Dende entón, mergullámonos en 400 anos de descubrimentos astronómicos.

Esta revolución científica cambiou a nosa forma de ver o mundo.
Actualmente telescopios dende o espazo e dende a terra exploran o universo 24 horas por día.



O xoves comezan as 100 horas de astronomía.
Hai programadas 1500 actividades en 130 países.

Para máis información, preme na imaxe.



ASTRONOMÍA PARA NENOS/AS

Aquí tendes unha serie de enlaces con actividades, xogos e información para os máis pequenos/as.

Axencia Espacial Europea . ESA-Kids

NASA. Space Place

Planetario Kokone

EducaMadrid

Sistema solar básico

Pregúntalle a un astrónomo

Blog Os nenos e as estrelas

Veña, a gozar do infinito e máis aló!!!