Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

domingo, 29 de xuño de 2014

SESIÓN DE FROITAS

Rematou o curso e xa é o momento de disfrutar das vacacións e coller forza para o próximo. Para iso non esquezades seguir comendo froita fresca todos os días. Está riquísima!!!

Aí van algunhas das actividades que os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo realizaron coas froitas:

PAPILLA DE FROITAS

                                 






BODEGÓNS







 DONA PERA





ACRÓSTICOS









 STORYBOARD E GUIÓN DE CINE









E... A COMER!!!!!!



venres, 20 de xuño de 2014

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015

Aquí están os listados dos libros de texto e os materiais necesarios para 2º, 4º e 6º, para o curso 2014-2015.

 Libros de texto para o curso 2014-2015
https://docs.google.com/document/d/1uTmrwwQZW6D-spxAggEc3ZW59lsQHv3J9IBEgYkQJvY/edit?usp=sharing


 Material escolar para o curso 2014-2015

Material escolar


A publicación dos libros e o material que se utilizará en 1º, 3º e 5º de Primaria queda pendente da aprobación do Decreto que desenvolve a LOMCE en Galicia.

martes, 17 de xuño de 2014

Revista faladeiros 2014: CINE NA RÚA

Publicamos a edición deste curso 2013-2014 da revista Faladeiros, que co título CINE NA RÚA céntrase nas actividades desenvolvidas arredor do tema núcleo elixido polo centro neste curso e na que participaron todos os nenos/as do cole e os seus mestres e mestras.


https://docs.google.com/file/d/0B-SonnY9UoIXX2N2Q2gxa1FudFE/edit?usp=drive_web

DERRADEIRA REUNIÓN DE CONVIVENCIA DO CURSO 13-14

Os representantes de cada aula de Primaria facendo avaliación do curso que xa remata







venres, 13 de xuño de 2014

Documental "Massó no recordo"

Onte, xoves 12 de xuño, puidemos ver no Auditorio de Cangas a estrea do documental "Massó no recordo", elaborado polo alumnado do 6º curso de primaria do CEIP A Rúa, co acompañamento dos seus profesores e do director de cine Ángel Santos, dentro do proxecto Cine en Curso.

A presentación foi un éxito completo, dirixida polos anfitrións Ían, Candela e Néstor e co auditorio repleto de público, comezando polos pais e nais dos nenos e tamén con moitos avós e avoas que querían refrescar a súa memoria.
Moitas grazas a todos os que fixeron posible este documental, moi especialmente a todas as mulleres e homes que no seu día traballaron nesta fábrica emblemática de Cangas e que hoxe, convertidos en avós dos alumnos, se ofreceron a lembrar a súa historia.
Vemos a seguir unha presentación-resumo das fases de elaboración do documental (documentación, rodaxe, montaxe):




 E por fin o documental "Massó no recordo", de case 20 minutos de duración. Esperamos que sexa do voso agrado. (Pinchar na imaxe para visualizalo).

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014


DINOCONVIVENCIA DOS NENOS DE 5 ANOS COS DE 1º

PARA QUE OS PEQUES DE 5 ANOS ESTABLEZAN UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO COA QUE VAI SER UNHA NOVA ETAPA QUE COMEZARÁN EN SETEMBRO, FIXEMOS UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA NA CLASE DE 1º COA SÚA TITORA.

Á NOSA CHEGADA Á AULA DE 1º.


FIXERON AS CORRESPONDENTES  PRESENTACIÓNS DUNHA FORMA PARTICULAR......PRESENTÁNDOSE CUN NOME DE DINOSAURIO, ALGÚNS DELES INVENTADOS.

 ESTE VAI SER O TEMA PRINCIPAL QUE SE VAI A DESENROLAR NESTA XORNADA COS NENOS, XA QUE É UN TEMA QUE LLES APASIONA.

UNHA NENA DE 1º, NOS AMOSOU UN GRAVADO QUE FIXO A SÚA NAI IMITANDO A UN PEIXE DA ÉPOCA DOS DINOSAURIOS.



AQUÍ PODEDES VER UNHA IMITACIÓN DE OVO DE DINOSAURIO.











DE SEGUIDO, PUXÉMONOS A FACER UNHAS DINOACTIVIDADES ONDE OS NENOS DE 1º EXERCÍAN DE MESTRES COS DE 5 ANOS.



















DESPOIS DE TANTA CONCENTRACIÓN, TOCABA FACER UNHA PARADIÑA PARA REPOÑER FORZAS......E MERENDAMOS.


CONTINUAMOS CON XOGOS DE MESA, NESTE CASO, UN DOMINÓ.






SAÍMOS Ó PATIO PARA  DESCARGAR ENERXÍA E COMPARTIR CONFIDENCIAS.......
DE VOLTA Á CLASE, HORA DE LER CON IRENA  Y EL DRAGÓN FRÍO.


RETOMAMOS AS NOSAS DINOACTIVIDADES, ESTA VEZ PARA FACER UNHAS MARIONETAS DE DINOSAURIO.



A SESIÓN CHEGA O SEU FINAL.......

OS NENOS  DE 5 ANOS SE DESPIDEN  CUNHA GRAN SONRISA, ESPERANDO VOLVER A COMPARTIR MOMENTIÑOS COMA ESTES EN OUTRAS OCASIÓNS.

DE RECORDO, ESTE  DINOPIN PARA CADA UN DELES.




xoves, 12 de xuño de 2014

Estrea do documental "Massó no recordo" no Auditorio de Cangas !!


Os alumnos e alumnas de  6º curso do CEIP A Rúa comprácense en invitarlle á presentación do documental
MASSÓ NO RECORDO


Actividade do Plan Proxecta “Cine en curso” en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe


Xoves 12 de xuño ás 9 da noite
Auditorio de Cangas

venres, 6 de xuño de 2014

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Convocatoria: Orde do 28 de maio de 2014.  


Prazo de presentación de solicitudes: Do 2 de xuño ao 2 de xullo. Poderanse cubrir no enderezo electrónico indicado e tamén no colexio (haberá impresos en Conserxería).

Prazo de recollida dos vales: Os días 7 e 8 de xullo de 10:00 a 12:00.

Requisitos para acceder ás axudas:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria , nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. O alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
4. Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014-2015, xa que este alumnado disporá dun entorno virtual de aprendizaxe. O colexio solicitou a participación neste proxecto pero aínda non saíu a resolución cos centros seleccionados.
Documentación a presentar
a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.
b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un documento que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2012.
c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.
Principais novidades desta convocatoria:
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto enon se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario.
2. O alumnado (excepto o de 1º e 2º de Primaria) ten a obriga de conservar en bo estado os libros de textoadquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015, a un fondo solidario(banco de libros).

luns, 2 de xuño de 2014

NORABOA CAMPIÓNS!!!


                              

                              

Alumnos e alumnas da Rúa foron os vencedores da primeira edición da Liga Alevín Intercolexios, que se celebrou o pasado venres 30 nas pistas de atletismo de Verín (Coiro).

 Aí vos vai un enlace á nova en Faro de Vigo.