Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

mércores, 21 de decembro de 2011

A visita dos Reis Magos


Esta mañá, arredor das 10:30, as SS. MM. os Reis Magos visitaron o noso Centro.¡Que emoción cando entraron na biblioteca! Todos os nenos e as nenas tiñan preparadas as súas cartas para entregarllas aos Magos. Falaron con eles, léronlles as cartas, botaronas no saco Real... Con cara de satisfacción recollían os caramelos agardando que deica uns días as SS. MM. deixen os agasallos nos zapatos de cada un.
Ao rematar a visita dos Reis, houbo festa nas aulas con degustación de produtos navideños, música e baile. 
Foi un día especial.

Entrega do 1º premio do sorteo

A gañadora do 1º premio do sorteo celebrado onte recolle o premio de mans dunha alumna de 6º.

O segundo premio, un xamón ibérico, foi para Vigo. Tocoulle a un socio de Montañeiros Celtas.

Noraboa aos premiados.


martes, 20 de decembro de 2011

Resultado do sorteo



Hoxe ás 12 do mediodía tivo lugar o sorteo para recaudar fondos para a excursión fin de etapa de 6º curso. Os premios eran moi suculentos: unha fin de semana no spa de Moaña e un xamón ibérico.


Fixemos un sorteo público na entrada no colexio e "a man inocente" de Eli (4 anos) escolleu estas dúas rifas:


-1º premio (fin de semana no spa de Moaña): 01817

-2º premio (xamón ibérico): 00352


Felicidades ós/ás premiados/as!!!






Roni recomenda para este Nadal

Entrada recollida no blog O recanto de Roni
RONI PARA ESTE NADAL, APOSTA POR UN SAQUIÑO CHEO DE BOS DESEXOS, MOITA FELICIDADE PARA O VINDEIRO ANO. APOSTA TAMÉN POLA LECTURA EN FAMILIA, EN BOA COMPAÑÍA, PARA COMPARTIR, PARA GOZAR NO NOSO TEMPO DE LECER, E COMO NON, PARA AGASALLAR ESTE NADAL. A CONTINUACIÓN, OFRECEMOS UNHA AMPLIA PROPOSTA PARA OS NOSOS FANS DA LECTURA.

PROPOSTA PARA EDUC. INFANTIL. 

EL PASEO DE ROSALÍA. KALANDRAKA. AUTOR: PAT HUTCHÍS.

LAS DIEZ GALLINAS. EDELVIVES. AUTORA: SYIVIA DUPUIS.

FACEMOS A MALETA. XERAIS. AUTORES: J.G. GIRBES, SILVIA ORTEGA.

UN CABALIÑO DE MAR SOÍÑO.EDICIONES LINTEO. AUTORES: SAXTON, FREYMAN....

COLEC. ZOO. EL GATO. EDIT: COMBEL. AUTORA: MONTSERRAT GANGES.

NA BUSCA DUN FOGAR. EDITORIAL:PATAS DE PEIXE. AUTORES: ALEXIS DEACON, VIVIANE SHWARZ.




PROPOSTA 1º CICLO. 

EL GATO CON BOTAS. AUTOR: DAN KERLEROUS.

PILÚ, PILÚ. OQO. AUTORES: SUSANA ISERN, KATHARINA SIEG.

A MIN NON ME COMAS. OQO. AUTORES: MARGARITA DEL MAZO, VITALI KONSTANTINOV.

A VODA DO GALO PINTO. OQO. AUTORES: JOAN ALFONSO BELMONTES, NATALIE PUDALOV.

VICHES O LEÓN. OQO. AUTORES: ARMANDO QUINTERO, GÉRALDINE ALIBEU.

¡ CÓMO MOLA TU ESCOBA!. MACMILLAN. AUTORA: JULIA DONALSON. 



PROPOSTA 2º CICLO.


RELATO DE MONSTRUOS. VICENS VIVES. AUTOR: STEVEN ZORN.


MEFI, SATA E DEMI. KALANDRAKA. AUTORA: MERCEDES NEUSCHAFER-CARLON


KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA.EDITORIAL: SIRUELA. AUTOR: JORDI SIERRA.


¡ HOLA SOY...OTTO TERREMOTO!. EDICIONES MONTENA. AURORES: MACDOLAND, ALAN, ROBERTS DAVID.


O ANO EN QUE OS PITOS PERDERON A CABEZA. OQO. AUTORES: PABLO ALBO, MIKEL MARDONES


PROPOSTA 3º CICLO.

CONTOS POR TELÉFONO. KALANDRAKA. AUTOR: GIANNI RODARI.

MONSTER ALLERGY, LA PIRÁMIDE DE LOS INVULNERABLES. EDITORIAL: PLANETA JUNIOR. AUTORES: CENTOMO, ARTIBANI BARBUCI Y CANEPA.

PALABRAS DE CARAMELO. EDITORIAL: XERAIS. AUTOR: GONZALO MOURE.

LAS CARTAS ANÓNiMAS. EDITORIAL:EDELVIVES. AUTOR: JAMES PRELLER

EL DESCUBRIMIENTO DE AMÉRICA(BANDA DESEÑADA). GERÓNIMO STILTON.

DIARIO DE NIKKI .EDITORIAL:MOLINO. AUTORES: RACHELRENÉE RUSSELL, ESTEBAN MORAN ORTIZ

DIARIO DE GREG. EDITORIAL MOLINO. AUTOR: JEFF RINEY

venres, 9 de decembro de 2011

BO NADAL e PRÓSPERO ANO

Con esta felicitación elaborada polo alumnado de 6º, queremos desexarvos
un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO 2012

Facede click no centro da imaxe para ver o vídeo. :-)


 

mércores, 30 de novembro de 2011

Tío Lobo

 
Onte, na Biblioteca do cole, as nenas e os nenos de 2º léronlle o conto de Tío Lobo ao alumnado de Infantil. Tamén lle fixeron un pequeno agasallo, o conto ilustrado por eles.

xoves, 17 de novembro de 2011

Que festa tan divertida!!



Por fin chegou un bo día para facer o magosto, tivemos que retrasalo unha semana pero mereceu a pena, o día estivo espléndido. Os nenos e as nenas participaron nos xogos, comeron castañas e fixeron o que máis lles gusta, emborrallarse.

mércores, 16 de novembro de 2011

Magosto/11



Temos todo preparado para o magosto: os xogos, a leña, as castañas..., falta que nos acompañe O TEMPO! 
Teremos sorte mañá?

venres, 11 de novembro de 2011

Leo, leo... que les?



Este e o título que eliximos para o TEMA NÚCLEO deste curso que xira arredor da mellora da COMPRENSIÓN LECTORA.
O noso obxectivo fundamental é  promover nos nosos alumnos a utilización de estratexias que lles permitan interpretar e comprender de forma autónoma os textos escritos. Os profesores/as tamén temos que actualizarnos polo que estamos participando nun curso de formación no propio Centro.

venres, 4 de novembro de 2011

Roni celebra o Samaín

Aquí podemos ver a Roni, a mascota da nosa biblioteca, co disfraz que utilizou para celebrar o Samaín. Está moi preparado, neste caso, a súa asesora de imaxe para esta festa tivo moito que ver. Noraboa  Laura, bo traballo.

luns, 24 de outubro de 2011

COMEZA A SEMANA TERRORÍFICA...

E RONI ESTÁ PREPARADIÑO PARA AMOSARVOS AS ACTIVIDADES TAN TERRORÍFICAS QUE TEMOS PREPARADAS...EMPEZADE A TREMERRRR!!!!.VISITADE O NOSO BLOG E COMPROBARÉDELO.

xoves, 20 de outubro de 2011

Protesta por la negativa de la Xunta a crear un comedor escolar en Cangas

Cangas / La Voz
19/10/2011

La asociación de padres del colegio cangués de A Rúa convocó una concentración ante el concello el próximo viernes, a las 14.45 horas, en protesta por la negativa de la Xunta a gestionar el comedor escolar.
La Consellería de Educación pretende que sea el Anpa la que asuma la contratación de la empresa de cátering, al igual que en muchos otros centro de Galicia (en el caso de Cangas, en los de Nazaret, O Hío y Aldán). La asociación de padres se niega.
El decreto del 2007 que regula los comedores escolares especifica que la modalidad de comedor mediante contrato a una empresa de hostelería (cátering) será excepcional y en cualquier caso, será la propia consellería la que lo formalice.
La única referencia al Anpa en el citado decreto es que Educación podrá colaborar con concellos, diputaciones y otros organismos, entre ellos las asociaciones de padres, en la gestión y organización del servicio.
La cuestión económica se suma al malestar de las Anpas en general, ya que los comedores gestionados directamente por la Xunta (en Cangas, los de San Roque y Castrillón), son más baratos. Los niños que comen a diario se ahorran respecto a los de cátering unos 35 euros al mes.

Publicado por ANPA A Rúa

venres, 14 de outubro de 2011

Escola de pais e nais no CEIP A Rúa no curso 2011-2012


Animamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de pais e nais que organiza o departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.
O vindeiro luns, día 17 de outubro, ás 17:00, no CEIP A Rúa, terá lugar a presentación do programa anual, á que estades todos e todas convidados, e na que se falará dos temas a tratar durante o curso, dos horarios que preferides, e de calquera dúbida que poidades ter ao respecto.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!


ACTUALIZACIÓN NO DÍA 18 DE OUTUBRO DE 2011 



Despois de termos a primeira xuntanza o luns día 17, as persoas presentes acordamos manter a próxima sesión o luns día 7 de novembro, tamén ás 17:00 horas.


Aínda quedan prazas dispoñibles, así que estades todos convidados para o vindeiro 7 de novembro!


xoves, 13 de outubro de 2011

Saída á praia



O día 11 de outubro fixemos unha saída á praia de Rodeira. Primeiro estivemos buscando cunchas e rochas, tamén atopamos un caparazón de cangrexo e unhas pinzas. Cando rematamos merendamos, máis tarde xogamos na pista de esqueit e a min se me foi a pelota ao río.
Xaime

venres, 30 de setembro de 2011

Recuperando os xogos populares



¡¡Que ben o pasan cos xogos de sempre!!

xoves, 29 de setembro de 2011

A visita de Bea




¡Ola! Chámome Laura e quérovos falar da visita de Beatriz, a miña nai, que estivo na “Hora de ler”, o día 26 de setembro do 2011. Ela escolleu un conto de Editoriais Xerais de Galicia, da escritora Fina Casalderrey, titulado “Chamizo”.
Comenzou por lernos o epílogo. Nel, Fina conta que é escritora de contos infantís, e relata historias que lle pasaban cando ela era pequena.




Deste conto Beatriz leunos dous capitulos. O conto trata dunha nena, chamada Martina, á que lle gustan moito os animais. Gustaríalle ter un gatiño, pero a súa nai dille que non pode ser porque viven nun piso.
Logo falounos do Alhzeimer, que é unha enfermidade do cerebro facendo que as persoas perdan os recordos. A continuación leunos un poema escrito por ela, adicado as persoas que teñen esa enfermidade:



Non lembro se medróu a lúa,
nin os nomes dos méus páis,
pero gústanme as túas caricias
e o calor das túas mans.

Se me perdo no camiño
non sei cómo voltar;
auga de ida sen volta,
río que acaba no mar.

Non lembro o teu retrato,
é un extraño o meu irmán,
non sei si rin contigo
ou me fixeches chorar.

Poemas de amor escribín,
volvoretas en min a voar,
follas en branco hai agora,
auga que escapa das máns.




Xa non sei o que sentín,
teño a mirada perdida;
paxariños que voaron
levándose a miña vida.

Ónde foron as verbas,
as caras, os sorrisos?
e por qué de súpeto
xa non lembro os teus bicos?

Tempo que me fas olvidar,
tempo pasado, perdido,
eu sei que ei de marchar,
pero esquecín o camiño.



Bea Fernández

luns, 12 de setembro de 2011

Chegou o día

Por fin chegou o día, os nenos e as nenas moi contentos cos seus libros novos e estreando mochilas agardan con ilusión esta xornada do novo curso. O reencontro cos compañeiros/as, cos amigos/as, cos profesores/as é motivo de alegría neste primeiro día. Quedan por diante uns meses nos que conviviremos compartindo experiencias.
Despois do merecido descanso, agora toca TRABALLAR.

sábado, 3 de setembro de 2011

Comeza un novo curso

Parece que foi onte cando celebramos a festa de fin de curso e xa estamos de volta no cole. 
Os profesores/as traballamos e poñemos todo a punto para que as clases empecen con normalidade o día 12 en horario habitual de 9:30 a 14:30. 
A reunión da profesora do alumnado de 3 anos coas familias terá lugar o luns día 5 ás 10:00.
En canto ao comedor escolar non temos novas, estamos á espera das instruccións da Consellería de Educación.
 BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

xoves, 23 de xuño de 2011

Felices vacacións!!



Onte foi un día especial, rematou o curso e no cole fixemos a festa de fin de curso.
Os nenos e as nenas participaron nos diferentes xogos cooperativos, todos conseguiron un bonito mandil.
Ao rematar os xogos, tomaron unha abundante merendola para repoñer forzas.
Despois de despedirse dos seus amigos/as e dos profes, moi contentos cos seus traballos marcharon para a casa.
¡¡Felices vacacións!!

EXPRESARTE

O día 21 acudiron ao colexio membros da asociación ASPAMSIN para amosar o traballo que realizan as persoas con discapacidade intelectual. Neste caso, centráronse nas actividades artísticas que forman parte do Proxecto EXPRESARTE, e máis en concreto no "Museo da Praia" formado por obras plásticas realizadas a partires de obxectos atopados na praia de Rodeira.
Unha vez exposta a presentación por parte de Beli, a encargada do Museo, o alumnado de 3º e 4º, formando grupos cooperativos, recibiron a proposta de participar na creación dunha obra artística cos materiais de refugallo recollidos na praia polos membros da asociación.

venres, 17 de xuño de 2011

"O Rato" e "A que sabe a Lúa"

Estas son as dúas pequenas obras (en canto a súa duración pero grandes no que se refire á interpretación e posta en escea) coas que nos agasallaron os nenos e as nenas que participaron na actividade de teatro ao longo do curso que remata. 
Noraboa aos actores/actrices e ao director por este traballo que tanto nos gustou.

         Nesta imaxe vemos un momento da representación de  "A que sabe a Lúa"


              Os espectadores están moi atentos mentres se representa "O rato"

                              Aquí podemos ver aos actores e as actrices.

mércores, 15 de xuño de 2011

A NOSA EXCURSIÓN A MANZANEDA




Os alumnos de 6º de San Roque e A Rúa fomos de excursión, os días 18, 19 e 20, a Manzaneda.
O autobús foi coller primeiro os alumnos de San Roque, e despois, a nós. Fixemos unha parada no mosteiro de San Pedro de Rocas para tomar a merenda de media mañá.
Chegamos a Manzaneda ás 3 da tarde, e esperamos un pouco no autobús porque os profesores tiñan que ir a recepción.
Ao chegar aos aloxamentos, dixeronnos cal era a nosa habitación, e os alumnos de San Roque estaban no 2º piso, e nós estábamos no 1º. Deronlle a chave ao encargado, desfixemos á maleta, e despois comemos.
A primeira actividade foi piscina, as 4.30 da tarde. Era unha piscina cuberta e climatizada, e había zonas para nadar, e outras para xogar. Había, balóns, tablas, manguitos…
As 5.30 fomos os aloxamentos, a cambiarnos, e despois a merendar.
Cando rematamos de merendar, fomos a aula de natureza, comezou as 6.00 e rematou as 8.00. Estiveronnos explicando os animales, como os corzos. Contaronnos unha lenda dun home calvo, que buscaba vinganza no medio do monte, e algúns asustámonos un pouco.
As 8.30 ceamos, nun búfet libre.
Pola noite, antes de durmir, fomos o pavillón a xogar a o xogo da Oca, pero unha versión invitada polos monitores. Dividíronnos en 6 grupos, e tíñamos que superar probas, había algunhas fáciles, outras difíciles, e outras casi imposibles.
As 12 acabamos, e fomos a durmir, algúns estivemos despertos case toda noite, pero iso é outra historia.
Ao seguinte día despertamos cedo, para ir a almorzar ás 9.30, almorzamos leite, cola-cao, galletas, tostadas e cereales.
Ás 10, tíñamos que ir a un punto de encontro, para comezar a actividades de orientación. Ensinaronnos a utilizar brúxulas, e despois déronnos un mapa, e tíñamos que buscar puntos, ca brúxula, para responder unhas preguntas.
Ao rematar fomos a equitación, había dous cabalos, un chámabase Flash, e o outro Van Gogh, eran machos os dous. Todos montamos, menos dúas persoas. Ao rematar de montar, fomos á cuadra, e había 3 cabalos máis. Eran todos moi mansos e bonitos.
Fomos a comer, e despois ao rematar, fomos ós karts.
Nos karts, montamos todos, pero algúns non demos todas as voltas, porque nos mareabamos. Tamén nos estrellamos, pero foi moi divertido.
Despois desta actividade, fomos a tiro con arco, e ensináronnos, a parte de cómo tirar, as partes dunha frecha e dun arco. Había persoas con moita puntería, e outra, con non tanta.
Merendamos, e comezou a chover, entonces, retrasamos un pouco a actividade de senderismo. Nese intre fixemos un xogo nun lugar que se chamaba "Club", pero como
deixou de chover fixemos un pouco de senderismo. Había moi boas vistas dende o alto da montaña que fomos visitar.
Ao rematar, fomos a cear, e despois bailamos na disco.
As 10 empezamos o baile e só estábamos os alumnos de A Rúa, pero despois foron chegándo máis persoas. A música, era moi movida, e casi todos bailamos. Rematamos ás 12, e esa noite todos durmimos, profundamente, xa que estabamos cansos do día anterior e de tanta actividade.
Levántamonos cedo o día seguinte para preparar as maletas, que había que levalas á habitación 113 e deixalas alí ata a nosa marcha.
Despois almorzamos, e ao rematar fixemos a actividade de deportes. Dentro do pavillón había os deportes de ping-pong e fútbol, e fóra baloncesto, boleiból e tenis.
Ao rematar estivemos xogando ao beísbol, que era moi divertido.
A última actividade foi escalada, algúns escalamos, e outros non. Hai persoas, que chegaron arriba. A altura do muro era de 18 metros, metía medo!
Fomos ao búfet e comemos. Collemos as maletas, colocámolas no autobús, e tivemos un pouco de tempo para ir a tenda.
No autobús, tamén volvemos cos alumnos e alumnas de San Roque, e mentres chegábamos vimos a peli de "Iron Man". Paramos a merendar, nunha gasolineira da Cañiza, e tomamos o postre típico de Ourense: a Bica.
Chégamos ó colexio despois dun largo tempo, os nosos pais viñeron a buscarnos, e volvemos para a casa.
Foi todo moi divertido, pásamolo, moi moi moi moi moi moi ben!!!!!!! :)

venres, 10 de xuño de 2011

Excursión ás Illas Cíes

Hoxe, venres, 10 de xuño, os alumnos e alumnas do terceiro ciclo de primaria fomos de viaxe ás Illas Cíes. Tivemos sorte co tempo, pois estaba bo día, algo fresquiño pero despexado. Collemos o catamarán en Cangas, e despois de facer escala en Vigo, chegamos ás Cíes ás 11 da mañá. Alí separámonos en 3 grupos duns 15 nenos/as cada un e seguimos dous itinerarios diferentes acompañados por Paula e Marta, que eran as guías do parque. Un grupo fomos ata o monte do Faro, e os outros dous ata o Alto do Príncipe.



Primeiro Paula e Marta explicáronnos sobre un panel como se chamaban as diferentes partes das Illas: realmente son 3 illas, a do sur, a do medio e a do norte. Faláronnos sobre os ecosistemas das illas, sobre a súa flora e a súa fauna. Tamén nos fixeron fincapé nas normas que todas as persoas deben respectar para coidar o parque nacional.


A primeira explicación que nos deu Paula foi sobre o ecosistema das dunas, que posúe unha fauna e unha flora específica. As dunas, xunto co bosque autóctono, o monte de eucalipto, o monte baixo e os cantís son os ecosistemas fundamentais das Illas.


Xa camiño do Alto do Príncipe atopamos unha vagoada que aínda conserva especies do que podía ser o bosque autóctono. Hoxe en día toda a illa está invadida polo eucalipto, que como todos sabemos son orixinais de Australia, e que foron mandados plantar alá polos anos 1960 polo ditador Franco.


Un pouco máis arriba desa vagoada atopamos outra pequena zona de bosque autóctono, onde había exemplares de carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, salgueiros e outras especies.


Chegamos así ao último tramo de subida ata o Alto do Príncipe, xa na cara oeste da Illa, e nun lugar víanse os efectos do vento nordés sobre as follas dunhas árbores que estaban máis secas ca verdes. Paula díxonos que do outro lado do mar estaba América e que poderiamos atoparnos de fronte coa estatua da liberdade.


Xa moi preto do Alto do Príncipe había un ecosistema de monte baixo, onde abunda o toxo, e que ten como fauna máis representativa os coellos, ratos, serpes, e tamén se atopan aves de presa como os miñatos, os azores e os falcóns peregrinos.

Nesa mesma zona vimos unha trampa para visóns, pois resulta que estes animais, que non son autóctonos das Illas, conseguiron chegar a elas nadando desda a costa, despois de fuxiren das granxas onde os crían para facer abrigos de peles, e causan moito dano nos ecosistemas naturais das Illas.


Finalmente chegamos ao mirador do Alto do Príncipe, xusto enriba dos cantís, que son o ecosistema ideal para as gaivotas e os cormoráns. Xusto no borde dos cantís hai unha rocha con forma de cunca, que se chama a cadeira da raíña, e alí posamos todos para unha foto de grupo.

Dende alí puidemos ver unhas vistas fabulosas das Illas, especialmente da Illa do sur, da praia de Rodas, da zona de acampada e do monte do Faro.

Xusto ao pé do monte do Faro, na zona de cantís, vimos furnas, que son unha especie de covas onde crían os cormoráns. Tamén vimos gaivotas aniñando os seus ovos, pois agora é época de cría.

Xa de regreso á zona de acampada aínda puidemos ver un lagarto arnal que quedou posando para todos nós.

Antes de xantar fumos darnos un baño á praia de Rodas, e foi xenial. A auga estaba fresca, pero non houbo quen se resistise a non probala, incluso o profe Antonio!

E aínda vimos moitas máis cousas interesantes, como un barco veleiro de 4 paos fondeado na ría, un cormorán que se mergullaba e pescaba peixes ao lado da nosa zona de baño, unhas pombas torcaces, etc... que podedes ver pinchando na imaxe de abaixo.

Illas Cíes 2011

So queda dicir que despois do xantar regresamos no barco e fartámonos de cantar e de facer as ondas e monumentos a todos os compañeiros e aos profes. Esta excursión foi xenial!!!


PARA SEGUIR APRENDENDO...

1. Se foses un/unha guía das Illas Cíes,  que dúas ou tres cousas destacarías para contarlles aos nenos/as do grupo que che tocase levar?

2. Fai un esquema ou cadro-resumo de dobre entrada cos diferentes ecosistemas que atopamos nas Illas e as características de cada un en canto a flora, fauna e lugares onde se atopa.

3. Que valoras máis de todo o que existe no ambiente natural das Illas Cíes? Se foses a persoa responsable do Parque, que medidas proporías para a súa conservación?