Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

mércores, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

  Entrada publicada o día 23 no blog " O recanto de Roni"

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Hoxe e o longo de toda esta semana,con motivo do día do libro, celebramos no cole distintas actividades relacionadas coa lectura.
Na 3ª sesión da mañá os neno/as de Infantil disfrutaron dun CONTACONTOS MOI ESPECIAL.Os rapaces e rapazas de 1ºESO do IES de Rodeira( moitos antigos alumn@s do cole) foron os protagonistas e puxéronlle moita MAXIA, ILUSIÓN e IMAXINACIÓN as historias que contaron.



Na última sesión da mañá fixemos a nosa lectura do día dun xeito distinto.Todo o cole saliu o patio cun libro debaixo do brazo e buscou  libremente o lugar onde ler.

Algúns elexiron a sombra dunha árbore
A profe Celia leu moi ben acompañada
Roni e Noa de 2º de Primaria leron xuntos
Dani de 3º de Primaria leu en solitario

Os profes tamén disfrutaron da lectura

xoves, 18 de abril de 2013

Un contacontos especial


ANXO MOURE E O CARBALLO CON BOTAS

Hoxe na biblio disfrutamos dun contacontos moi especial ,no que Anxo Moure nos acercou ás árbores,á natureza e á maxia dos libros.
Aquí tedes algúns momentos da sesión.

Anxo Moure amosounos unha fórmula máxica para facer voar a nosa imaxinación:árbores,música e contos.






Os nen@s,os profes e Roni non perderon detalle.




Adri,de 2ºde Primaria,foi por un momento un paxaro do bosque!!!




Non somos nen@s, SOMOS ÁRBORES!!!


Anxo Moure en pequeno!!!Non, é Pedro de 5º de Primaria

Entrada publicada no blog "O RECANTO DE RONI"

xoves, 4 de abril de 2013

Exposición: "IMAXES DE MULLER"

No primeiro andar do colexio atópase a exposición "IMAXES DE MULLER" elaborada e cedida temporalmente polo CEIP San Roque.
Convidamos a todos os membros da Comunidade Educativa a visitala do día 2 ao 9 de abril.


martes, 2 de abril de 2013

Charla sobre a LOMCE

A  Gameliña, federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas, convida a toda a comunidade educativa a unha charla sobre a nova Lei de Educación LOMCE (Lei Orgánica para a mellora da calidade Educativa). 

Día: xoves 4 de abril de 2013
Hora: 17:30
Lugar: Biblioteca do CEIP A Rúa

Relatores:
  • Rafael Domínguez
  • Verísimo Pazos
  • Bieito Calvo
  • Bertila Fernández  
Recomendamos a asistencia a esta charla dada a importancia do contido da mesma.