Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 20 de decembro de 2013

martes, 19 de novembro de 2013

UNHA SESIÓN DE CINE CON BORJA BRUN

O director de cine Borja Brun visitou o cole para falarnos de cine. A sesión foi na biblioteca. Todos/as disfrutamos da súa paixón polo 7º arte.


Borja Brun iniciando a sesión



Os nenos/as estiveron moi atentos/as

Practicando zoom coa cámara
Tamén doblamos unha peli
David, de 2º de Primaria, agasallou a Borja en nome de todos/as pola súa visita



sábado, 16 de novembro de 2013

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Preparados/as para pasalo ben
Os máis pequenos foron os primeiros en comer as castañas
Xogando xuntos
Que ben o pasamos!!!


mércores, 6 de novembro de 2013

TARDE DE CINE...

NA BIBLIO DO COLE COA PROFE MAY.

martes, 22 de outubro de 2013

A COMISIÓN DE CONVIVENCIA EN MARCHA!!!


Hoxe celebramos a primeira xuntanza de representantes deste curso.Algúns xa son veteranos e outros comezan, con ilusión, a súa andaina como representantes da aula.Todos e todas esperamos que sexa de utilidade para unha mellor convivencia no centro.

A xuntanza foi na aula de música. 


Os representantes presentaron as súas primeiras propostas 



martes, 17 de setembro de 2013

A comer!!!

Onte por fin comezou a funcionar o comedor do colexio. Foron uns 30 os rapaces e rapazas que degustaron o primeiro menú. Bo proveito!





martes, 10 de setembro de 2013

Un curso de película

CÁMARA ... LUCES ... ACCIÓN!

Mañá, 11 de setembro, damos comezo a este curso 2013-2014. As clases serán como sempre de 9:30 á 14:30. O servizo de comedor empezará a funcionar o luns 16 de setembro.

Alguén adiviña cal vai ser o tema núcleo deste curso?

martes, 3 de setembro de 2013

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo

     Informámoslles que se publicou a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Estas axudas van dirixidas ao alumnado que presenta necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta, e tamén ao alumnado con altas capacidades.

O texto da convocatoria pode lerse no seguinte enlace:



               Na páxina www.educacion.es  ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

               No caso de que non poidan utilizar este sistema poderán recoller no centro educativo o impreso para cubrilo manualmente.

              O prazo para entregar a documentación remata o luns, día 30 de setembro.

xoves, 22 de agosto de 2013

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR 2013-2014

O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2013-2014. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.
As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello ata o 4 de setembro.

xoves, 4 de xullo de 2013

LIBROS DE TEXTO CURSO 2013-2014

Aquí están os listados dos libros de texto e os materiais necesarios para o curso 2013-14.




domingo, 23 de xuño de 2013

Festa de fin de curso

O día 21 foi a última xornada lectiva deste curso que pasou coma un sopro. Como non podía ser doutro xeito,  celebrámola por todo o alto. Os nenos/as participaron nos xogos cooperativos que tanto lles gustan. Esforzáronse en superar cada unha das probas para acadar a peza do puzzle que, unha vez completo, indicáballes a que profesor/a se tiñan que dirixir para recoller as pistas do tesouro. ¡Que emoción á hora de abrir os paquetes! Todos /as quedaron contentos co seu agasallo.
Unha vez rematados os xogos e despois dun descanso, xuntámonos na Biblioteca, alí as persoas que forman parte do equipo de biblioteca entregaron os premios da gañadora e dos finalistas do concurso fotográfico "Roni no entorno".
Na última parte da mañá os nenos/as, con bastante apetito, foron ás súas aulas para saborear unha abundante merendola e para despedirse dos seus compañeiros/as e das/dos profes.

O profesorado do colexio desexa un bo verán a toda a comunidade educativa.

Nas fotos podemos ver algúns momentos das actividades da mañá.










mércores, 19 de xuño de 2013

Revista Faladeiros 2013

Xa publicamos a edición deste curso 2012-2013 da revista Faladeiros, na que participaron todos os nenos/as do cole e os seus mestres e mestras.
Podedes lela pinchando no enlace de arriba.


martes, 18 de xuño de 2013

O cadro de D. Quijote e Sancho Panza

Os nenos/as de 1º e de 2º coas profes xuntámonos na Biblioteca á hora de ler porque veu Marta, a mamá de Antón, para explicarnos os diferentes materiais e as distintas técnicas que utilizou no cadro que pintou de D. Quijote e Sancho Panza. Os cativos estiveron moi atentos e fixéronlle preguntas sobre a súa obra.
Foi unha sesión moi interesante. Ao final... ¡REGALOUNOS O CADRO PARA O COLE!

Grazas Marta por dedicarnos parte do teu tempo libre e por regalarnos esta obra de arte.
Marta explícanos como fixo o cadro.

Algúns dos materiais que utilizou.


                                            D. Quijote e Sancho Panza.

mércores, 12 de xuño de 2013

Votación do concurso fotográfico: "Roni no entorno"

Entrada publicada no blog "O recanto de Roni"

Onte, durante todo o día, celebramos as votacións para elexir a foto gañadora do concurso de fotografía.Participou toda a comunidade educativa.
Aos nenos/as costoulle moito decidirse por unha foto


A foto que mais me gusta é...

Darío e Antón de 5º na mesa de votacións.


O meu voto e paraaaa...

venres, 7 de xuño de 2013

CONCURSO FOTOGRÁFICO: "RONI NO ENTORNO"

Entrada publicada no blog de Roni.
As fotos do concurso xa están expostas no punto de lectura libre que Roni ten na entrada da biblioteca.
Vos invitamos a visitala e que disfrutedes delas.



En total conseguimos xuntar 41 fotos, que podedes ver premendo en FOTOS CONCURSO


 A votación para elixir a foto premiada será o día 11 de xuño. O horario de votación para as familias do alumnado será o que segue:

Pola mañá: de 9:30 a 10:00
                  de 14:00 a 14:30

Pola tarde : de 16:30 a 18:00

martes, 4 de xuño de 2013

Xornadas interculturais

IX XORNADAS INTERCULTURAIS CRECENDO NA DIVERSIDADE  

4 XUÑO AUDITORIO MUNICIPAL 
 19:00 CINE INFANTIL: KIRIKÚ E A FEITICEIRA

 21:00 DOCUMENTAL SHANGA-INDIA “UN ANAQUIÑO DE CEO”

5, 11 e 12 XUÑO AUDITORIO MUNICIPAL
21:00 CICLO DE CINE EUROÁRABE AMAL

8 XUÑO
11:00-18:00 Campamento Maia- Ceip Nazaret. Inscrición na Casa da Xuventude.

18:00 FESTA INTERCULTURAL ALAMEDA VELLA 1

8:00 Apertura de postos das ONG Sangha India, Solidaridade Internacional, Intermón-Oxfam, Amarante, Adicam.

18:00 Contacontos de Médicos/as Sen Fronteiras.

18:30 Ciclobiblioteca e contacontos con Anxo Moure.

19:00 Danzas do Mundo Danza Oriental
        - Grupo de alumnas de Marga Outeiral Ritmos latinos
        - Grupo do obradoiro de maiores do Concello

Organiza: Concellería de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado e Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Muller

domingo, 2 de xuño de 2013

FESTA FIN DE CURSO

O tempo pasa, xa están a punto de finalizar as clases e, como cada ano unha vez rematadas as actividades, a ANPA organizou a festa de fin de curso. Os nenos e as nenas xunto coas súas familias puideron disfrutar dunha xornada moi completa. Non faltaron os xogos, exhibicións de patinaxe e de maxia, concurso culinario...


Nesta presentación podedes ver algúns momento da festa.

mércores, 22 de maio de 2013

Versos de vento

O martes día 21 o grupo TEATRAPA TEATRO, formado por alumnos e alumnas do centro "Juan XXIII", representou esta obra baseada nun texto poético de Vicente Huidobro.
Formidable a interpretación,  o vestuario, o maquillaxe, a posta en escena, a música..., pasamos un rato moi agradable.
Noraboa ás actrices, aos actores e aos profesionais que fixeron posible este acto.



martes, 21 de maio de 2013

Os nosos atletas

Os atletas que participaron no cross de Riomaior o pasado 19 de maio acadaron un magnífico terceiro posto por equipos para o noso cole. Noraboa a todos e todas.

                           Nesta foto podemos ver a tres dos atletas.

xoves, 16 de maio de 2013

Caraporquiña Vermella

Para celebrar o día das letras galegas de xeito especial, contamos coa representación desta obra de teatro na biblioteca do cole a cargo de Xan Pérez. Fíxonos pasar un bo rato narrando as aventuras de Caraporquiña Vermella. Pequenos e grandes disfrutamos con todos os seus personaxes: Porca, Caraporca, o lobo acatarrado...


sábado, 11 de maio de 2013

Un concerto de luxo

CLARA PINO E A MAXIA DA ARPA

Entrada publicada no blog "A banda do Cole"

OS NENOS/AS DE PRIMEIRO CONTAN...



Aquí tedes unhas fotos  que amosan distintos momentos do concerto




Clara amosa os seu tesouro

Os peques non perderon detalle

As profes contan que foi emocionante

Os máis pequeniños foron arpistas por un día!!!



E os maiores dixeron que estarían toda a mañá escoitando e falando con Clara

Só queda dicir:GRAZAS CLARA POR COMPARTIR O TEU TESOURO, FOI UN LUXO!!!

venres, 10 de maio de 2013

A nosa horta

Agora que deixou de chover xa podemos entrar na horta que con tanto esmero prepararon María e Rosa (familiares de May). Esta mañá os nenos/as da clase de 5 anos e a súa profe estiveron decorando a parte central con adoquíns e plantando arómaticas.



mércores, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

  Entrada publicada o día 23 no blog " O recanto de Roni"

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Hoxe e o longo de toda esta semana,con motivo do día do libro, celebramos no cole distintas actividades relacionadas coa lectura.
Na 3ª sesión da mañá os neno/as de Infantil disfrutaron dun CONTACONTOS MOI ESPECIAL.Os rapaces e rapazas de 1ºESO do IES de Rodeira( moitos antigos alumn@s do cole) foron os protagonistas e puxéronlle moita MAXIA, ILUSIÓN e IMAXINACIÓN as historias que contaron.



Na última sesión da mañá fixemos a nosa lectura do día dun xeito distinto.Todo o cole saliu o patio cun libro debaixo do brazo e buscou  libremente o lugar onde ler.

Algúns elexiron a sombra dunha árbore
A profe Celia leu moi ben acompañada
Roni e Noa de 2º de Primaria leron xuntos
Dani de 3º de Primaria leu en solitario

Os profes tamén disfrutaron da lectura