Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

domingo, 23 de xuño de 2013

Festa de fin de curso

O día 21 foi a última xornada lectiva deste curso que pasou coma un sopro. Como non podía ser doutro xeito,  celebrámola por todo o alto. Os nenos/as participaron nos xogos cooperativos que tanto lles gustan. Esforzáronse en superar cada unha das probas para acadar a peza do puzzle que, unha vez completo, indicáballes a que profesor/a se tiñan que dirixir para recoller as pistas do tesouro. ¡Que emoción á hora de abrir os paquetes! Todos /as quedaron contentos co seu agasallo.
Unha vez rematados os xogos e despois dun descanso, xuntámonos na Biblioteca, alí as persoas que forman parte do equipo de biblioteca entregaron os premios da gañadora e dos finalistas do concurso fotográfico "Roni no entorno".
Na última parte da mañá os nenos/as, con bastante apetito, foron ás súas aulas para saborear unha abundante merendola e para despedirse dos seus compañeiros/as e das/dos profes.

O profesorado do colexio desexa un bo verán a toda a comunidade educativa.

Nas fotos podemos ver algúns momentos das actividades da mañá.










Ningún comentario:

Publicar un comentario