Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

martes, 31 de marzo de 2009

Benvida ao blog de Auladiver PT



Felicitamos a Rosana pola inauguración do seu blog Auladiver PT, onde nos relata unha moi fermosa historia que ben paga a pena ler.





Comezamos a camiñar...



Un augador posuía dúas vasillas de barro que colgaba nos extremos dun pau e que levaba sobre os ombreiros. Unha delas tiña varias gretas polas que se escapaba a auga, de xeito que ao final do camiño só lle quedaba a metade. A outra era perfecta, mantiña intacto o seu contido e estaba moi orgullosa dos seus logros pois se sabía idónea para os fins para os que foi creada. A pobre vasilla fendida estaba avergoñada da súa propia imperfección e de non poder cumprir correctamente o seu labor. Así que ao cabo de dous anos díxolle ao aguador:

-"Estou avergoñada e quérome desculpar contigo porque debido ás miñas gretas só obtés a metade do valor que deberías recibir polo teu traballo".

O augador contestoulle: "Cando regresemos a casa quero que notes as belísimas flores que crecen ao longo do camiño". Así o fixo a vasilla e, en efecto, viu moitísimas flores fermosas ao longo do sendeiro; pero seguiu sentíndose apesarada porque ao final só gardaba dentro de si a metade da auga do principio.


O augador díxolle entón: "Décheste conta de que as flores só crecen no teu lado do camiño? Quixen sacar o lado positivo das túas gretas e sementei sementes de flores. Todos os días regáchelas e durante dous anos eu puiden recollelas. Se non foses exactamente como es, non sería posible crear esa beleza. Todos somos vasillas agretadas por algunha parte, pero sempre existe a posibilidade de aproveitar as gretas para obter bos resultados."



Conto da tradición oral hindú



Visitounos Laura Sáez, tradutora de Harry Potter á lingua galega


Celebramos a posta en marcha
do blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP A Rúa coa seguinte nova:


O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos.

Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans.

Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como “Tarzán de goma”, “Mago por correspondencia”,… e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter.
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, “Harry Potter e as reliquias da morte”.

Publicado e ampliado en O recanto de Roni

venres, 27 de marzo de 2009

Traballo para o concurso da ONCE










Somos os nenos e nenas de 4º curso e estamos traballando para un concurso da ONCE sobre a importancia do Braille para as persoas cegas.



Aquí nos tedes co traballo finalizado:












Nico,Iago, Miguel e Antía.











Diego,Tamara e Karima.














Mateo, Laura e Álvaro.













Irene, Vanessa, Anxo, Jose e Uxía













Estela, Lía, Antón e Saúl.

martes, 24 de marzo de 2009

A viaxe de Said

Premio Goya á mellor curtametraxe 2007, contada en árabe e en español. Explícanos como non sempre as esperanzas dos inmigrantes se cumpren. Para reflexionar na aula de integración tardía.




Recollido do blog AIT

luns, 16 de marzo de 2009

Infantil visita o Salón do libro




A saída foi moi divertida e gustounos moito; ao chegar recibiunos Orbil, a mascota do Salón, un lobo moi simpático que xogou con nós e ao que lle collemos moito cariño .








Ensináronnos moitísimos contos, todos relacionados co amor, pero todos diferentes: en forma de flor, de tío-vivo, de pirámide, de torta, de globo, de corazón, de árbore, de bolboreta, ...








Visitamos a casa da fada madriña, e tiña colgadas por tódala casa fotos dos fillos/as dos personaxes dos contos: Cincenta, Brancaneves, a Bela Durminte; os nenos e nenas eran humanos. Na súa casa tamén había receitas de pocións e un espello máxico no que se reflectían só as persoas que non estaban namoradas .








Descubrimos unha árbore, branca e grande, un salgueiro chorón, que tiña colgados coma follas poemas en tódolos idiomas; tamén había un corazón moi grande no que te podías sentar .









Por último, entramos nunha nube era moi suave e tiña unha morea de brazos para abrazar.
Antes de marchar regaláronnos unha chapa da mascota, e volvemos ao cole moi contentos/as coa visita.

domingo, 15 de marzo de 2009

Participamos no premio Edublogs 2009

Comunicámosvos que vimos de presentar o blog do CEIP A Rúa á categoría de blogs de centros, para o III Premio edublogs 2009 convocado pola Asociación Espiral, Educación y Tecnología.

Nestes premios participan blogs de toda España e constitúen un escaparate para observar a realidade do mundo dos blogs educativos, nas súas diversas categorías:
Esperamos que este feito constitúa un estímulo máis para seguir mellorando o noso blog e para que sigades participando nel co mellor entusiasmo.

Podedes deixar tamén os vosos comentarios na web de Edublogs 09

venres, 13 de marzo de 2009

Nais e avoas, mans á obra, no CEIP A Rúa

Hoxe xuntámonos no CEIP A Rúa unhas cantas nais e algunha avoa para poñernos mans á obra e iniciar a elaboración dos sacapenas.





Primeiro, estivemos ollando o blog para comprender a orixe e a dimensión desta iniciativa.










Logo conversamos sobre como elaboralos.











Temos varias ideas:
a avoa de Adrián vainos ensinar a súa técnica: cun soporte de madeira e cravos, a profe M. Carmen ensinaranos a facer pequenas monecas recheas de miraguano e outras con lá...





Estamos desexando aprender, xa quedamos para o luns e, mesmo estamos dispostas a traballar na casa, "aínda que sexa pola noite, no noso momento de relax, vendo a nosa serie favorita".
Alguén propuxo enviar unha mensaxe nunha botella, a ver se chega a Gaza, ó parecer hai casos nas que teñen chegado moi lonxe, ata Australia!!


venres, 6 de marzo de 2009

Enlaces web de interese para nais e pais

Inauguramos unha nova sección neste blog, cun gadget titulado Nais e Pais, onde poñemos á vosa disposición unha serie de enlaces web que consideramos poden ser de moito interese e utilidade para vós e para os vosos fillos e fillas.

Foron recollidos da páxina web do colexio Andaina, de Culleredo, A Coruña.

Ademais duns enlaces de interese xeral queremos destacar a categoría de Orientación para o manexo das TIC no ámbito familiar, que recolle enlaces referidos a:

Cando comezar, con que aplicacións, como guiar aos nenos no emprego do ordenador
Navegación segura e filtrado de acceso a internet
Ferramentas de comunicación online
Manexo do teclado
Webs recomendadas para nenos e nenas con indicación de idade

xoves, 5 de marzo de 2009

Visitamos A Mangallona





Chegada á casa museo









Camilo explícanos as características da súa obra realista e figurativa



Se queres ver máis fotos, pincha aquí.



Hoxe pola mañá, as nenas e nenos de 1º Ciclo de Primaria visitamos o museo de A Mangallona. Había moitos retratos, cadros realistas, figurativos e abstractos. Tamén había esculturas. Despois de mirar a exposición fixemos preguntas e logo un debuxo.



O museo de A Mangallona está en Coiro (Cangas). Nel atópase a maior parte da obra de Camilo Camaño Xestido



Salón do libro: Alá imos!

Hoxe, os nenos e nenas de infantil imos visitar o Salón do libro de Pontevedra, estamos moi nerviosos pola saída. Como xa informamos este ano está adicado ao "Amor" , será por iso que temos unha sensación de cóxegas no estómago?
Para a aula de 3 anos é a nosa primeira excursión e estamos moi emocionados.
Esperamos vir cargados de moitas cousas que contarvos.
Ata pronto!

mércores, 4 de marzo de 2009

QUERES XOGAR COAS TÚAS PROFES?



Somos superfans de Oli

Rotundo éxito da visita de Oli á biblioteca do colexio. Ante un público entregado, Oli despregou as súas dotes de contacontos e ofreceunos un repertorio que nos achegou ao mundo dos piratas e a dos nenos que non queren comer. Ao rematar ante os berros de: ¡outra, outra!..., obsequiounos cunha primicia: o conto do pitiño Arturo, aínda sen editar.
Finalizada a sesión, coma calquera superestrela do mundo do espectáculo, escoitou aplausos, asinou autógrafos e recibiu agasallos. Foi unha actuación inesquecible.

martes, 3 de marzo de 2009

UNHA VISITA ESPECIAL

O luns de ENTROIDO, o escritor cangués Oli veu á nosa biblio para contarnos os seus contos. Recibímolo con moita alegría e cunha pequena exposición feita polos nenos/as, onde indagamos sobre a súa obra. Mención aparte merece "O PIRATA PATA DE LATA" sobre o que fixemos varias actividades.

Ademais démoslle unha pequena " sorpresiña pirata" que constaba dunha mensaxe dentro dunha botella, nela dábase unhas pistas para atopar un agasallo: o CONTO de RONI, feito polos alumnos e alumnas de A RÚA.


A expectación era máxima. Esperabamos ansiosos o que sairía da súa maleta máxica.

Deseñamos pousa-ratos no cole de A Rúa

Presentámosvos aquí os mellores deseños do concurso de pousa-ratos que organizamos no cole de A Rúa, con motivo do traballo sobre as TIC que estamos a desenvolver neste curso.



Este que tedes aquí arriba foi o gañador, o autor é Álvaro Freire de 1º curso de primaria. Pinchando sobre a foto podedes ver os demais finalistas.