Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 13 de marzo de 2009

Nais e avoas, mans á obra, no CEIP A Rúa

Hoxe xuntámonos no CEIP A Rúa unhas cantas nais e algunha avoa para poñernos mans á obra e iniciar a elaboración dos sacapenas.





Primeiro, estivemos ollando o blog para comprender a orixe e a dimensión desta iniciativa.










Logo conversamos sobre como elaboralos.











Temos varias ideas:
a avoa de Adrián vainos ensinar a súa técnica: cun soporte de madeira e cravos, a profe M. Carmen ensinaranos a facer pequenas monecas recheas de miraguano e outras con lá...





Estamos desexando aprender, xa quedamos para o luns e, mesmo estamos dispostas a traballar na casa, "aínda que sexa pola noite, no noso momento de relax, vendo a nosa serie favorita".
Alguén propuxo enviar unha mensaxe nunha botella, a ver se chega a Gaza, ó parecer hai casos nas que teñen chegado moi lonxe, ata Australia!!


1 comentario:

  1. e empezamos asi como quen non quere a cousa, e a verdade e que estamos todas moi animadas je je...

    ResponderEliminar