Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 24 de outubro de 2014

Horarios Escolas de Familia


PROGRAMA DE PREVENCIÓN FAMILIAR "MAIS QUE UN TEITO"
GRUPOS DE TRABALLO PARA PAIS NAIS E EDUCADORES/AS
CURSO 2014-2015

As escolas de familias que organiza o concello de Cangas en colaboración cos centros educativos son un marco de reflexión e debate sobre o papel de ser pai ou nai e teñen como obxectivo conseguir uns educadores/as que aceptan e alenten a progresiva autonomía dos fillos e fillas, que teñan seguridade e confianza na súa labor educativa e que consigan mellorar as súas relacións familiares e sociais.

 En xeral trátanse aspectos relacionados coa educación dos fillos e fillas, a educación para a saúde e a educación emocional, dándolle moita importancia á comunicación e as habilidades sociais. As achegas das persoas asistentes son de grande interese á hora de presentar tanto temas como conclusións.

 As datas e horarios definitivos dos grupos de traballo son:

 . Colexio Eduardo Pondal: Luns ás 15.30. Próxima reunión, 27 de outubro.
 . CEIP Cangas (Nazaret): Luns ás 17.00. Próxima reunión, 17 de novembro.
 . CEIP Espiñeira, Aldán: Martes ás 16.30. Próxima reunión, 4 de novembro.
 . CEIP Castrillón: Martes ás 16.00. Próxima reunión, E. Infantil, 28 de outubro.
 . IES Rodeira, Mª Soliño e Montecarrasco: Martes ás 18.45, na sala de usos múltiples do IES Rodeira. Próxima reunión, 4 de novembro.
 . CEIP San Roque: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 29 de outubro.
 . E.I. Choupana: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 5 de novembro.
 . CEIP O Hío: Xoves ás 17.00. Próxima reunión, 6 de novembro. 

 Os grupos reúnense quincenalmente. Se hai un número elevado de pais e nais que o demanden, cóntase cuns coidadores que se encargan de facer actividades cos fillos e fillas das persoas asistentes ás reunións.

COMEZA A VIAXE PARA OS REPRESENTANTES NA COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A xuntanza tivo lugar na Biblioteca

Roni entregou o material a cada representante

Comeza a viaxe!!!

venres, 10 de outubro de 2014

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación


O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.
A nova aparece publicada no xornal FARO DE VIGO con data do 3 de outubro: 
Lembramos que o alumnado foi o protagonista da elaboración dun documental que levou por título "Massó no recordo", asesorado por técnicos profesionais.
Este documental está publicado na web de Vimeo:
 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014
 Se queredes coñecer máis sobre o proceso de elaboración do documental, o rexistro levouse a cabo na Site:
https://sites.google.com/site/cineandoilusions/proxecta-cine-en-curso

O portal da Consellería de Educación e do MECD tamén publican a nova:
http://www.man.es/prensa-mecd/actualidad/2014/09/20140929-premios.html
http://www.edu.xunta.es/web/node/13522

(Entrada recollida en: http://www.edu.xunta.es/centros/ceiparua/?q=node/82)

xoves, 9 de outubro de 2014

UNHA CINCENTA MOI ESPECIAL


Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita dos rapaces e rapazas da Asociación Juan XXIII, que representaron a obra da CINCENTA.


Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena,... A música poñía a pel de galiña!!!
O remate aplaudimos a rabiar.
Queremos darlle a noraboa a tod@s e desexamos que o ano que ven volvamos a estar xuntos para disfrutar doutro día tan especial.

Aquí tedes algúns momentos da representación...