Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

martes, 9 de decembro de 2008

SAÍDA AO AUDITORIO

O venres 21 do mes de Novembro de 2008, os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º do Colexio “A RÚA” asistimos a unha actuación de música no Auditorio titulada: CUARTETO D-VERTIDO.
Saímos sobre as 12:00, cando chegaron os autobuses a recollernos.
Na actuación, participaban 4 músicos: Susana, que tocaba o violoncello, Iago un teclado, Alfonso un violín e o outro Alfonso un violín electrónico, que nos amosaron o importante da música.
Comezaron presentándonos os instrumentos e diferentes formas de tocalos: pizzicato, saltón, saltillo, largueto, martelé... Mentres tocaban esas formas, tamén tocaban cancións.
Os violíns e os cellos teñen 4 cordas. O pau co que vemos tocar chámase arco, ten uns pelos de crin de cabalo que son brancos pola resina.
Tocaron música de terror cun anaco de películas de Harry Potter, e outras alegres de Charlot, de Bethoven e Mozart. Tocaron o Himno da Alegría, primeiro só co cello, despois co cello e o violín, logo co cello, o violín e o teclado e finalmente co cello, os dous violíns e o teclado.
Despois saíron 13 nenos/as para facer que tocaban violíns e cellos, mentres os que actuaban tocaban por detrás. Tamén fixeron outro xogo no que, se tocaban alegre sorrían e bailaban, se a música era triste eran caras tristes e os nenos quietos.
Polo medio das actuacións aproveitaron para facer parvadas.
Tocaron a música da canción de “Un elefante se balanceaba, sobre a tea dunha araña...” mentres nós aplaudiamos, cantabamos, bailabamos e ata saltabamos.
Para despedirnos puxeron imaxes e tocaron a canción de Sinh Chan e nós cantamos, tamén pasou cos Simpsons.
Cando todos se foron menos nós, deixáronnos aos de 5º e aos de 6º tocar algúns instrumentos.
¡Foron moi amables; deixáronnos tocar os instrumentos!
¡Esta excursión foi a única deste trimestre!
Nenas e nenos de 5º

.

Ningún comentario:

Publicar un comentario