BIM BUM
Ola a todos/as!!!
Esta semana, dende a aula de Música, propóñovos un reto para toda a familia.
Este ritmo corporal ten catro partes diferenciadas pola velocidade coa que hai que interpretala (de menos a máis velocidade).Utiliza e combina os estalos (chasquidos), as palmas e os xeonllos.
A miña proposta é:
- Os nenos/as de 1ºe 2º de Primaria intentarán realizar a 1ª velocidade e facendo só o ritmo que interpreta o paxariño vermello.
- Os nenos de 3ºe 4º de Primaria intentarán realizar a 1ª e a 2ª velocidade, intentando interpretar primeiro só o que fai o paxariño vermello e máis tarde o que realizan os dous paxaros.
- Os nenos/as de 5ºe 6º de Primaria intentarán realizar a 1ª,2ª e 3ª velocidade. Igualmente intentando dominar o que fai o paxaro vermello e despois o que percuten os dous paxaros.
- As familias intentarán realizar os catro tempos coas catro velocidades.
Premede no enlace e ANIMÁDEVOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario