Para os interesados en apuntarse ao comedor no vindeiro curso, o Concello de Cangas a través do convenio que vai a asinar coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, seguirá a xestionar o comedor escolar deste centro , durante o curso 2017/2018, coma viña facendo nos últimos cursos. Por este motivo e en aras de facilitar e fomentar o uso do mesmo, este é o modelo de preinscripción para o vindeiro curso coa intención de que se distribúa entre as familias que xa teñen nenos/as no comedor e entre novos/as usuarios/as do mesmo.
O prazo para entregar este formulario no centro escolar é ata o 30 de xuño, despois ata o 20 de xullo no Centro Municipal de Benestar Social.
Nota de información:
Documento de preinscripción:
Ningún comentario:
Publicar un comentario