Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

domingo, 20 de maio de 2018

ILUSTRANDO O MORRAZO



Este proxecto foi proposto e realizado polas familias e o alumnado de 6º curso para recadar fondos para a excursión de final de etapa. Entre todos eles foron elaborando os distintos produtos que puxeron á venda, e tamén o posto de madeira onde expoñelos. O proceso implicou pedir autorización á concelleira de Comercio, para que lles permitira poñer o posto na rúa, presentarlle o proxecto ao Alcalde, facer quendas para vender, elaborar os productos e os empaquetados…. Foi un proxecto moi completo, cun gran potencial pedagóxico e cumpliu ademais cos obxectivos económicos propostos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario