Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

martes, 2 de febreiro de 2010

TALLER DE ESCRITURA

O día 20 de xaneiro deste ano os alumnos e alumnas de 5º tivemos un taller de escritura na biblioteca do colexio.

Un monitor da editorial Kalandraka ensinounos un libro moi interesante que se chamaba “Batalla de Naipes”. Tratábase de dous reis que eran o de bastos é o de espadas, que pelexaban continuamente. O cabaleiro de espadas e a sota de bastos estaban namorados, pero os pais non o permitían. Entón víanse a escondidas, o medio irmán da sota viunos e contóullelo ao pai. Ao final o cabaleiro e a sota casaron.

O monitor repartiunos unhas cartas da baralla española e cos dous personaxes que nos tocaran facíamos unha historia. Saíron historias moi boas e todas moi diferentes, e ao acabar a editorial Kalandraka regalounos uns marcapáxinas da historia “Orellas de bolboreta”e pasámolo moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario