Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

xoves, 3 de xuño de 2010

Estreo no Auditorio de Cangas

Neste curso, o grupo de teatro da ANPA do CEIP A Rúa unimos dúas obras totalmente diferentes por medio do xogo do teatro.

A primeira titúlase “O microscópico, minúsculo, diminútico circo de pulgas”, un texto de Fabián Sevilla. O que esta obra pretende conseguir é transportar e estimular a imaxinación do público a través dun circo de pulgas imaxinario.

A segunda obra é “Zongalo Quirico”, unha adaptación da narradora, poetisa e dramaturga galega Gloria Sánchez que trata o tradicional conto do Galo Quirico. Dúas obras divertidas que potencian a capacidade expresiva dos actores e pretenden ofrecer un ambiente cálido e próximo ao público.

Este martes pasado actuamos no Auditorio de Cangas xunto a outros centros, Castrillón, Espiñeira, O Hío e San Roque, cun rotundo éxito. A obra realmente é divertida é orixinal. Nestes últimos días de curso representarémola no colexio a todos/as os nosos/as compañeiros/as.

Aquí vos deixamos algunhas fotos da representación teatral no cole:



Queremos darlles as grazas ós nosos actores por divertirnos coa súa representación e ó director, Juan, polo seu esforzo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario