Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

venres, 17 de novembro de 2017

PROXECTO GALEGO A LAMBETADAS


 Este recuncho foi creado entre todos: alumnado, profesorado, pais e nais….

Foi o lugar dos superheroes e superheroinas do galego. Aí recolléronse novas, traballos, poemas, exposicións… relacionados coa lingua galega.
Este recuncho estivo situado no centro mesmo da escola, nun lugar por onde toda a comunidade educativa pasaba a miúdo. Alí construíuse unha gran lambetada, símbolo do galego na escola “O galego a lambetadas”

 Unha das actividades realizadas neste espazo foi:

 “Falando de libros”: cada semana os nenos e nenas ían facendo recomendacións de libros en galego. Deste xeito fomentaban a curiosidade e o interese deses libros para que outros rapaces os leran

Ningún comentario:

Publicar un comentario