
Os preguntoiros “Investigando a vida” céntranse en 5º e 6º na Materia e na Enerxía. Este curso 18-19 as fases deste proxecto foron as seguintes:
os pasos a seguin neste proxecto: Investigando a vida, foron:
1. Fontes de información. Definimos en gran grupo as posibles fontes de información a consultar
2.Decidir o tema a investigar por consenso entre todas as propostas dos grupos cooperarivos.Expoñer as propostas dos alumnos/as para a construción dunha estrutura con circuito eléctrico que teña unha utilidade para as clases, para o colexio, para o pobo..
3. Preguntas a resolver. Unha vez determinada a temática a investigar, "A enerxía", cada grupo cooperativo utilizando a estrutura Folio xiratorio, deberá formular preguntas sobre o tema.
4.Clasificación das preguntas. En pequenos grupos agrupan as preguntas buscando o nexo común entre elas. Posta en común. Pequeno grupo. Gran grupo.
5. Busca de información.
- A clase baixa á Biblioteca con 4 preguntas a resolver asignadas individualmente. Deben buscar a resposta. Se a atopan, fotocopiarán a páxina e anotarán a bibliografía.
- Estrutura cooperativa: O Quebracabezas. O tema está dividido en 4 apdos.: Electricidade, Enerxía, Aparellos electrónicos e Gasto enerxético. Cada membro do grupo é un experto/a en cada un dos apdos. e debe buscar na biblioteca libros que poidan respostar ás preguntas correspondentes
6.Tratamento da información. A partires das fotocopias das páxinas dos libros seleccionados na biblioteca, o alumnado busca a resposta ás preguntas que lle corresponden.
7. Elaboración e exposición das presentacións para exponer a resposta ás preguntas. Exposición das mesmas diante dos compañeiros/as das clases de 5º e 6º.
8. Elaboración de rúbricas para avaliar as presentacións. Avaliación individual, grupal e en gran grupo das presentacións para a súa mellora.
9.Construción dunha estrutura con circuito eléctrico cunha finalidade útil para o centro escolar: sementeiro, incubadora e altofalante.
10. Elaboración de instrucións sobre o uso do sementeiro, incubadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario