Publicado no seu blog: 23x6=BLOG
NIKOLA TESLA, o sabio ignorado
Nikola Tesla nacido en Similjan, Croacia, no seo dunha familia serbia, o 10 de xullo de 1856 e falecido en Nova York o 17 de xaneiro de 1943. Foi un físico matemático inventor e enxeñeiro Educouse en Graz e en Praga, onde estudou enxeñería eléctrica. No ano 1881 trasladouse a Budapest para traballar nunha compañía de telégrafos norteamericana, trasladándose a París o ano seguinte para traballar nunha das compañías de Thomas Alva Edison, onde realizou a súa maior achega: a teoría da corrente alterna en electricidade, o cal permitiulle idear o primeiro motor de indución en 1882.
En 1884 trasládase a Nova York, creando a súa propia compañía en 1886 tras romper as súas relacións laborais con Edison.
En 1887 consegue construír o motor de indución de corrente alterna e traballa nos laboratorios Westinghouse, onde concibe o sistema polifásico para trasladar a electricidade á longas distancias. En 1893 consegue transmitir enerxía electromagnética sen cables, construíndo o primeiro radiotransmisor (adiantándose a Guglielmo Marconi).
Co apoio financeiro de George Westinghouse, a corrente alterna substituíu a continua, sendo Tesla considerado coma o fundador da industria eléctrica. En 1891 inventou a bobina que leva o seu nome. A unidade de campo magnético no Sistema Internacional de Unidades tamén leva o seu nome.
Nikola Tesla ideou un sistema de transmisión de electricidade inalámbrico, de tal forma que a enerxía podería ser levada dun lugar a outro mediante ondas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario