O outro día os nenos e nenas de 2º fomos recoller lixo ó patio.
Queriamos facer unha reflexión sobre o lixo que tiramos.
Levamos luvas nas mans para non ensuciarnos.
Se había un cristal ou algo perigoso, non se podía coller e avisabamos á profe.
Recollemos o lixo por zonas: primeiro o xardín, despois a pista de baloncesto, logo parque infantil...
Atopamos moitas cousas, por exemplo, plásticos, cartóns, papeis, latas...
Na clase, por parellas, fixemos grupos de lixo para clasificalo. Aprendemos matemáticas!!
A bolsa de lixo que recollemos pesaba 900 gr., era case un kilo.
Moitos días atopamos nas papeleiras merendas enteiras e saudables.
Non fagades iso porque os pais e nais traballan moi duro para conseguir eses alimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario