Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

martes, 23 de xuño de 2009

CHEGA OUTRA NOITE DE SAN XOÁN

Xa temos aquí outra noite de San Xoán coas súas fogueiras, cos seus bailes, coas sardiñas asadas, co cacho,... ¡a noite máis máxica do ano!

Tristemente cada vez vai perdendo maxia. Nos últimos anos a xente queima sofás, colchóns, motores, etc.

Ao queimar plásticos soltan dioxinas, gases moi perigosos que non se poden quitar do corpo e que ao longo da túa vida pódeche producir cáncer.

A xente non se da conta o que están facendo en todo o planeta, eles só pensan en si mesmos, pero non se dan conta que tamén se prexudican. Por iso queremos pedirlles que coiden máis o aire que respiramos, e que este ano na fogueira de San Xoán queimen leña, broza e cousas que non produzan gases tóxicos.



CONSELLOS:

  • Respecta ao ambiente ás persoas e a ti mesmo. Non botes na fogueira rodas, colchóns, “flises”, e outros lixos.

  • As gomas, plásticos e goma-espumas, desprenden ao arder substancias tóxicas que contaminan o aire e prexudican a saúde.

  • Para facer o cacho non hai ningunha herba imprescindible. Usa as máis abundantes. Non collas as que xa escasean moito.



REFRÁNS:

  1. Mañanciña de San Xoán meniña vaite lavar.

  2. Polo San Xoán a sardiña pinga no pan.

  3. Pola San Xoán as nove con día dan.

  4. En San Xoán ás bruxas fuxirán.



LENDA: “CASTRO DOS REMEDIOS”

Na noite de San Xoán saen unhas velliñas a asollar mantas cheas de ouro. Nesa noite, ninguén quería pasar por alí por medo a un encanto.

No Castro dos Remedios ergueuse unha ermida adicada a Nosa Sra. dos Remedios, outrora

chamada a Virxe do Castro (Século XVII). Diante da porta principal da capela atópase unha pedra case que esférica posta alí adrede que conserva unha clara gravación con forma de serpe. Isto deu lugar á formación de moitas lendas que na realidade son variación unhas doutras.

FELIZ NOITE DE SAN XOÁN!!!



Antía Cancelas e Paula Rial



(Texto escrito por ex-alumnas do CEIP A Rúa para a Revista Faladeiros do curso 2006-2007)

Algunhas ligazóns para saber máis do San Xoán: lendas, tradicións, historia,...

Lembrando a Galicia

A Noite de San Xoán

Tradicións e costumes da Noite de San Xoán

Ningún comentario:

Publicar un comentario