Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

mércores, 24 de xuño de 2009

Segundo se mire


Cando remata o curso sempre teño unha sensación agridoce.
Por unha parte, ansío ese relax que podo imaxinar, merecido ou non, segundo se mire.
Romper coa rutina, facer o que nos peta, sen horarios, sen présas.


Por outra, deixar atrás miles de momentos compartidos, bos, malos ou non tan malos, segundo se mire , fálame de pasar páxina, e iso sempre me entristece.

Algúns alumnos/as, familias deixan o cole, estarán cerca, en Rodeira, pero se lles botará de menos. Outros deixan a etapa de Educación Infantil e inician a Primaria, que maiores!, fai nada eran uns/as pequerrechos/as!

Pero axiña penso en positivo, ¿¡ou en negativo!?... :-) :-(
Á volta da esquina iniciaremos un novo curso cheo de ilusións, de mochilas do trinque, de gañas de dar apertas a todos os nosos amigos/as, de iniciar novos proxectos, novas "aventuras pedagóxicas"... e tamén retomaremos as présas, os horarios, trocaremos o son do mar polas "melodías" infantís, ás veces harmónicas e outras algo "disonantes"...

Deixándonos xa de tanta "filosofía", dende esta ventá que nos proporciona o blog, en nome do Equipo directivo, quero agradecer:

Ó profesorado, o seu traballo, esforzo e cooperación.
Ás familias, a súa colaboración e participación.
Á ANPA, a súa dedicación e apoio.
Ós nenos e nenas, a súa paciencia con todos nós e a súa ledicia, que é contaxiosa, asegúrovolo!
Ás limpadoras e ó conserxe por axudarnos a facer máis doado o noso traballo.
E, por último, non quero deixar de mencionar ós/ás profes que se van, grazas por todo o compartido e desexámosvos o mellor!!


O pasado luns, para rematar dunha forma moi especial, fixemos o xogo de fin de curso, onde participan tódolos alumnos/as de Primaria, mesturados en grupos de diferentes niveis.

Debían realizar nunha serie de xogos cooperativos e, unha vez feito cada un deles, recibían unha peza dun quebracabezas. Cando o completaban, entregábamoslle a pista que lles indicaba onde estaba o seu tesouro.

Este curso o agasallo foi unha bolsa que algúns decoraron con sinaturas de profes! Tamén houbo festas rachadas nas aulas e algún que outro berro de "liberdade, liberdade"

Déixovos algunhas imaxes para lembrar e aproveito, finalmente, para desexarvos

un boísimo verán a todos e todas!


Que o tempo nos acompañe!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario