Subscríbete mediante RSS

pon o teu Email

sábado, 27 de xuño de 2009

Gratuidade libros de texto

Nota informativa da Consellería de Educación, 26-06-09



A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:



A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai substituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente.

A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno.

Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.

Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.

A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. A Consellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional para os centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.


Implantación progresiva

O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total.

No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.

Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.

Durante o mes de xullo sairá publicada no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009

O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS,
José Manuel Pinal Rodríguez



Máis información en:

Xornal de Galicia
Faro de Vigo
La voz de Galicia


Aquí tendes o listado de libros de texto do CEIP A Rúa para o curso 09-10. Facer clik na imaxe para ampliar o texto:


Ningún comentario:

Publicar un comentario